|
Actualidade / Opinión Silvia Bermúdez Pérez-
CIG-Mocidade
Agora, grazas á Reforma Laboral, as empresas non terán que pagar os salarios de tramitación no despido por causas obxectivas dun/ha traballador/a co mal chamado “contrato de fomento do emprego indefinido”, sempre que no prazo de 48 horas a empresa recoñeza a improcedencia do despido e deposite no Xulgado do Social a indemnización correspondente. Os salarios de tramitación fan referencia á compensación económica que percibe o traballador ou traballadora, polo tempo transcurrido desde o momento do despido até a sentenza, cando ésta establece a improcedencia do mesmo. É dicir, se o teu despido é improcedente tes dereito a cobrar (loxicamente) o salario que deixaches de percibir desde o momento do despido até que sae a sentenza. O normal é que isto supoña tres meses de salario. O Goberno do PSOE, co aval do sindicalismo españolista, da un paso máis na flexibilización do despido, e completa a supresión dos salarios de tramitación iniciada na Reforma Laboral do desgoberno do PP. Coa anterior reforma a patronal aforraba os salarios de tramitación cando recoñecía a improcedencia do despido disciplinario e, no prazo de 48 horas desde a extinción do contrato, depositaba a correspondente indemnización para a traballadora ou traballador. Ésta é actualmente a vía máis escollida polas empresas para o despido individual. É ben saber que dita reforma foi contestada por TODOS os sindicatos na Folga Xeral do 20 de xuño do 2002. Desde o pasado 1 de xullo amplíase este suposto a cando a patronal recoñeza a improcedencia do despido por causas obxectivas (organizativas, tecnolóxicas, económicas e produtivas) da persoa traballadora co mal chamado “contrato de fomento do emprego indefinido”. Ao parecer o abaratamento do despido, o aumento das subvencións ás empresas (1.200 millóns de € cada ano!)(1) e a rebaixa das cotizacións empresariais (2.530 millóns de € cada ano!)(2) non eran regalo suficiente para a patronal, por iso a Reforma agachaba unha nova renuncia. Podería preguntarme a onde vai toda esa pasta? A resposta é clara, ao espectacular aumento dos beneficios empresariais dos últimos anos. Os datos económicos do primeiro trimestre do 2006(3) son contundentes, o aumento dos beneficios empresariais multiplica por dez ao aumento dos salarios! Así, mentres o beneficio das empresas non financeiras aumentou un 32,4%, e o das empresas que cotizan en bolsa un 40%(4), os salarios da clase traballadora unicamente creceron un 3,2%. O modelo de pacto social practicado por CCOO e UGT é corresponsábel de que nos últimos 12 anos os salarios reais do Estado español permaneceran estancados, como recentemente sinalou a OCDE. Isto quere decir que se non temos en conta a inflación (IPC) agora cobramos o mesmo que no ano 1994. Tendo en conta que a inflación sufrida por aquelas persoas con menores ingresos supera o IPC real, incluso podemos afirmar que as rentas máis baixas perderon poder adquisitivo. Menudo reparto da riqueza! Até cando vai seguir subvencionando o Estado os beneficios mutimillonarios das empresas? Contención salarial? Non grazas. Sempre gaña quen máis ten, xa está ben!
|
||||
|
||||
|
|
||||
|
Notas: (1) Datos oficiais do Ministerio de Traballo. (2) Idem. (3) Datos ofrecidos polo Banco de España. (4) Datos da CNMV. |
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 13/07/2006 |
||||
|