|
Actualidade
Santiago, 15 de xullo de 2006
Análise de situación
do Sistema Público de Pensións
1. Estado español
Novamente nos atopamos ante unha nova reforma do Sistema de Pensións da Seguridade Social. A escusa volve
a ser a mesma: a futura creba do sistema se non se toman as medidas oportunas, as cales sempre se traducen en aumentar
os anos necesarios para acceder ao 100% da pensión, ampliar o período para o cálculo da pensión...,
en definitiva reducir a futura pensión do traballador, cando non, excluílo do sistema contributivo.
Estas reformas normalmente veñen acompañadas
de “pactos polo emprego”, ou calquera outro nome, que na práctica se traducen en reducir as cotizacións
sociais coa desculpa de crear emprego. Créanse figuras de contratación exentas total ou parcialmente
de cotización, redúcense as cotización de determinados colectivos co fin de que se incorporen
ao mercado de traballo ou que se estabilicen nel... O resultado: menor coste salarial para o empresario e, polo
tanto, menor recadación do sistema da Seguridade Social, nas mesmas condicións de emprego.
É dicir, o empresario ve reducidos os seus
custes e ao traballador increméntanlle os anos necesario para ter acceso a unha pensión ou ve reducido
o importe da mesma.
Vemos pois a primeira contradicción de
saída: coa desculpa de crear emprego reducimos as cotizacións sociais de determinados colectivos
de traballadores, o que implica unha reducción na recadación dos ingresos da seguridade social, e
ao mesmo tempo fanse proxeccións sobre a creba futura do sistema se non se reducen os gastos. Non se cuestiona
a reducción real, inmediata e programada dos ingresos, pero si hai que tomar medidas cara a un hipotético
incremento futuro dos gastos superior aos ingresos.
Estas reformas prodúcese nun momento de
crecemento económico, creación de emprego e fortes incrementos dos beneficios empresariais, en cambio
o custe das mesmas recae exclusivamente sobre a clase traballadora, xa que como dixen antes os fondos saen das
contas da seguridade social e non dos orzamentos do Estado.
Previo a estas reformas, proliferan análises
sobre a crise do Sistema de Pensións e a forma de resolvela. Análises, que por certo, están
feitos e financiados, nunha cuantía nada desdeñable, por entidades financeiras, as entidades máis
beneficiadas polos plans privados de pensións.
Ao mesmo tempo, o tratamento fiscal que reciben
os plans privados de pensións, fan esta modalidade de aforro moi atractiva. Son pois moitas as vías
e as formas para preparar o escenario das reformas e desviar parte dos fondos para os sistemas privados.
Ate agora, e como veremos máis adiante,
o Sistema Público de Pensións no Estado español ten superávit, que podería ser
maior se a parte contributiva e a non contributiva estiveran perfectamente separadas.
Como sabemos o Sistema Público de Pensións
no Estado español está formado por dous programas: un contributivo no que traballadores e empresarios
realizan obrigatoriamente cotizacións para facer fronte ás prestacións, e un non contributivo
ou asistencial no que o dereito a recibir ha prestación determínao a necesidade dos beneficiarios.
A pesar de que nos últimos anos se deu
un incremento progresivo na separación financeira dos dous programas, aínda hoxe non están
perfectamente diferenciados. Hai unha cantidade de fondos (o que no cadro seguinte se coñece cómo
transferencias correntes), que se transfire desde os orzamentos do Estado aos da SS co fin de financiar a parte
non contributiva do sistema: pensións non contributivas, prestacións familiares e sociais e complemento
de mínimos. Pero estas transferencias non cobren o 100% dos gastos non contributivos: ate o ano 2012 os
complementos a mínimos non son financiados totalmente polos orzamentos do Estado, tampouco os gastos de
xestión destas prestacións non contributivas se transfiren, sen esquecer as bonificacións
ás cotizacións, que merman os ingresos.
A pesar desto, hai un sobrante, parte do cal se
destina desde o ano 2000 a un “fondo de reserva”, pero nin todo o superávit da SS se destina ao mesmo, nin,
como comentamos antes, está totalmente diferenciada a parte contributiva da non contributiva da SS. Os datos
amosámolos a continuación.
A distribución económica das obrigacións
e dereitos recoñecidos dos últimos anos foi como segue:
| Dereitos recoñecidos (en millóns de euros) |
| Capítulos |
1999
|
2000
|
2001
|
2002
|
2003
|
2004
|
2005
|
| Cotizacións sociais |
50.422
|
55.243
|
60.123
|
63.986
|
68.903
|
73.561
|
79.098
|
| Tasas e outros ingresos |
885
|
942
|
994
|
910
|
953
|
845
|
873
|
| Transferencias correntes |
4.264
|
5.977
|
6.407
|
6.140
|
6.793
|
7.193
|
7.609
|
| Ingresos patrimoniais |
110
|
291
|
433
|
507
|
627
|
826
|
1.104
|
| Enaxenación de inversións reais |
25
|
20
|
23
|
9
|
3
|
54
|
69
|
| Transferencias de capital |
3
|
43
|
42
|
36
|
38
|
57
|
37
|
| Activos financeiros |
5
|
3
|
3
|
4
|
5
|
5
|
5
|
| Pasivos financeiros |
529
|
–
|
–
|
–
|
–
|
–
|
–
|
| Total |
56.243
|
62.519
|
68.025
|
71.592
|
77.322
|
82.541
|
88.795
|
Fonte: Distribución territorial de ingresos
e gastos, exercicio 1999-2005, SS, MTAS. |
| Obrigacións recoñecidas (en millóns de euros) |
| Obrigacións recoñecidas |
1999
|
2000
|
2001
|
2002
|
2003
|
2004
|
2005
|
| Gastos de persoal |
853
|
879
|
905
|
928
|
965
|
1.030
|
1.081
|
| Gastos correntes en bens e servizos |
337
|
346
|
410
|
454
|
502
|
544
|
515
|
| Gastos financeiros |
51
|
51
|
51
|
51
|
50
|
50
|
0
|
| Transferencias correntes |
53.211
|
57.852
|
60.340
|
63.592
|
67.209
|
72.266
|
77.252
|
| |
Pensións contributivas |
46.854
|
51.007
|
53.374
|
56.852
|
60.151
|
64.453
|
68.950
|
| Pensións non contributivas |
1.391
|
1.551
|
1.618
|
1.676
|
1.735
|
1.781
|
1.848
|
| Incapacidade temporal |
2.053
|
2.031
|
2.137
|
2.386
|
2.676
|
3.064
|
3.336
|
| Prestacións por matenidade e risco durante
o embarazo |
639
|
739
|
847
|
943
|
1.071
|
1.187
|
1.391
|
| Prestacións familiares |
673
|
756
|
794
|
814
|
852
|
864
|
900
|
| A Comunidades Autónomas |
877
|
821
|
836
|
283
|
118
|
322
|
315
|
| Á Administración do Estado |
106
|
194
|
200
|
131
|
128
|
133
|
136
|
| Prestacións LISMI |
209
|
183
|
161
|
141
|
124
|
109
|
95
|
| Outras transferencias |
405
|
495
|
370
|
362
|
348
|
349
|
350
|
| Inversións reais |
114
|
148
|
190
|
204
|
205
|
224
|
265
|
| Transferencias de capital |
16
|
13
|
15
|
18
|
19
|
30
|
23
|
| Activos financeiros |
2
|
543
|
939
|
3.350
|
5.193
|
9.363
|
7.900
|
| Pasivos financeiros |
0
|
77
|
77
|
121
|
77
|
77
|
77
|
| Total |
54.584
|
59.909
|
62.927
|
68.718
|
74.220
|
83.584
|
87.113
|
Fonte: Distribución territorial de ingresos
e gastos, exercicio 1999-2005, SS, MTAS. |
As cotizacións sociais son o groso dos
ingresos, acadando no ano 2005 o 89% do total; o resto dos ingresos son residuais.
No que atinxe aos gastos, son as pensións
contributivas co 79% do total dos mesmos no ano 2005, os máis importantes; sen incluír os gastos
de capital, as incapacidades temporais, co 3,8% do gasto, son a segunda rúbrica de maior peso, pero xa a
moita distancia das pensións contributivas.
A continuación sitúanse as pensións
non contributivas co 2,1% do total do gasto; aínda que habería que incrementar esta cuantía
en parte xa que as pensións non contributivas do País Vasco e Navarra inclúense dentro das
transferencias a outras comunidades ao estar transferidas.
A diferencia entre ingresos e gastos, danos o
resultado do sistema, o cal, nos anos analizados, salvo no 2004, ten superávit.
| Diferencia (en millóns de euros) |
|
1999
|
2000
|
2001
|
2002
|
2003
|
2004
|
2005
|
|
1.659
|
2.610
|
5.098
|
2.874
|
3.102
|
-1.043
|
1.682
|
Fonte: Distribución territorial de ingresos
e gastos, exercicio 1999-2005, SS, MTAS. |
O déficit do ano 2004 explícase
polo forte incremento dos activos financeiros, algunha inversión importante nese ano modificou o resultado.
Con diferencias importantes duns anos para outros,
e coa excepción do 2004, os resultados son positivos; e estes resultados acadáronse nuns anos onde
a reducción das cotización socias foi a arma utilizada polo goberno para a creación de emprego,
ou para modificar as condicións do existente, como comentábamos anteriormente.
Tan importante como coñecer as obrigacións
e os dereitos recoñecidos en valores absolutos é ver como foron variando ao longo destes últimos
anos.
| Variación dos dereitos recoñecidos
(en tanto por cen) |
| Capítulos |
2000
/1999
|
2001
/2000
|
2002
/2001
|
2003
/2002
|
2004
/2003
|
2005
/2004
|
2005
/1999
|
| Cotizacións sociais |
9,6
|
8,8
|
6,4
|
7,7
|
6,8
|
7,5
|
56,9
|
| Taxas e outros ingresos |
6,4
|
5,5
|
-8,5
|
4,7
|
-11,3
|
3,3
|
-1,4
|
| Transferencias correntes |
40,2
|
7,2
|
-4,2
|
10,6
|
5,9
|
5,8
|
78,4
|
| Ingresos patrimoniais |
164,5
|
48,8
|
17,1
|
23,7
|
31,7
|
33,7
|
903,6
|
| Enaxenación de inversións reais |
-20,0
|
15,0
|
-60,9
|
-66,7
|
1.700,0
|
27,8
|
176,0
|
| Transferencias de capital |
1.333,3
|
-2,3
|
-14,3
|
5,6
|
50,0
|
-35,1
|
1.133,3
|
| Activos financeiros |
-40,0
|
0,0
|
33,3
|
25,0
|
0,0
|
0,0
|
0,0
|
| Pasivos financeiros |
|
|
|
|
|
|
|
| Total |
11,2
|
8,8
|
5,2
|
8,0
|
6,7
|
7,6
|
57,9
|
Fonte: Distribución territorial de ingresos
e gastos, exercicio 1999-2005, SS, MTAS. |
| Variación das obrigas recoñecidas (en tanto por cen) |
| Obrigacións recoñecidas |
2000
/1999
|
2001
/2000
|
2002
/2001
|
2003
/2002
|
2004
/2003
|
2005
/2004
|
2005
/1999
|
| Gastos de persoal |
3,0
|
3,0
|
2,5
|
4,0
|
6,7
|
5,0
|
26,7
|
| Gastos correntes en bens e servizos |
2,7
|
18,5
|
10,7
|
10,6
|
8,4
|
-5,3
|
52,8
|
| Gastos financeiros |
0,0
|
0,0
|
0,0
|
-2,0
|
0,0
|
-99,2
|
-99,2
|
| Transferencias correntes |
8,7
|
4,3
|
5,4
|
5,7
|
7,5
|
6,9
|
45,2
|
| |
Pensións contributivas |
8,9
|
4,6
|
6,5
|
5,8
|
7,2
|
7,0
|
47,2
|
| Pensións non contributivas |
11,5
|
4,3
|
3,6
|
3,5
|
2,7
|
3,8
|
32,9
|
| Incapacidade temporal |
-1,1
|
5,2
|
11,7
|
12,2
|
14,5
|
8,9
|
62,5
|
| Prestacións por matenidade e risco durante
o embarazo |
15,6
|
14,6
|
11,3
|
13,6
|
10,8
|
17,2
|
117,7
|
| Prestacións familiares |
12,3
|
5,0
|
2,5
|
4,7
|
1,4
|
4,2
|
33,7
|
| A Comunidades Autónomas |
-6,4
|
1,8
|
-66,1
|
-58,3
|
172,9
|
-2,2
|
-64,1
|
| Á Administración do Estado |
83,0
|
3,1
|
-34,5
|
-2,3
|
3,9
|
2,3
|
28,3
|
| Prestacións LISMI |
-12,4
|
-12,0
|
-12,4
|
-12,1
|
-12,1
|
-12,8
|
-54,5
|
| Outras transferencias |
22,2
|
-25,3
|
-2,2
|
-3,9
|
0,3
|
0,3
|
-13,6
|
| Inversións reais |
29,8
|
28,4
|
7,4
|
0,5
|
9,3
|
18,3
|
132,5
|
| Transferencias de capital |
-18,8
|
15,4
|
20,0
|
5,6
|
57,9
|
-23,3
|
43,8
|
| Activos financeiros |
27.050,0
|
72,9
|
256,8
|
55
|
80,3
|
-15,6
|
394.900,0
|
| Pasivos fianceiros |
25.566,7
|
0,0
|
57,1
|
-36,4
|
0,0
|
0,0
|
25.566,7
|
| Total |
9,8
|
5,0
|
9,2
|
8,0
|
12,6
|
4,2
|
59,6
|
Fonte: Distribución territorial de ingresos
e gastos, exercicio 1999-2005, SS, MTAS. |
Excluíndo os gastos de capital, son os
gastos correntes en bens e servicios os que máis medraron ano a ano, salvo no ano 2005: polo que atinxe
ás transferencias correntes a evolución é moi desigual:
- O gasto en pensións contributivas é
tódolos anos inferior ao incremento do gasto total.
- O gasto en pensións non contributivas
tivo un incremento incluso inferior ao incremento do IPC.
- O incremento do gasto en incapacidade laboral
foi desmesurado nos últimos anos.
- As prestacións por maternidade e risco
durante o embarazo foron as que máis medraron.
| Comparación entre as diferencias dos ingresos/gastos
da seguridade social |
| e as principais magnitudes macroeconómicas |
| |
2000
/1999
|
2001
/2000
|
2002
/2001
|
2003
/2002
|
2004
/2003
|
2005
/2004
|
2005
/1999
|
| Dereitos |
11,2
|
8,8
|
5,2
|
8,0
|
6,7
|
7,6
|
57,9
|
| Obrigas |
9,8
|
5,0
|
9,2
|
8,0
|
12,6
|
4,2
|
59,6
|
| IPC |
4,0
|
2,7
|
4,0
|
2,6
|
3,2
|
3,7
|
21,9
|
| PIB nominal |
8,7
|
7,9
|
7,2
|
7,1
|
7,3
|
8,0
|
56,0
|
Fonte: Distribución territorial de ingresos
e gastos, exercicio 1999-2005, SS, MTAS. |
En termos nominais, os recursos destinados a este
tipo de protección social tiveron un crecemento semellante á evolución do Producto Interior
Bruto.
1.1. Os planos privados de pensións
Comentábamos na introducción deste
traballo que nos últimos anos proliferaron numerosos estudios sobre o futuro das pensións no Estado
español. Nunha parte importante deles avogábase por unha reforma do sistema co obxectivo de garantir
a sostenibilidade do mesmo, o mesmo tempo que se recomendaba a subscrición dun plan de pensións privado
para a “tranquilidade” futura do xubilado.
O ano 2000 era unha data clave para o quebra do
sistema, no ano 2000 o sistema tivo superávit. Pero tamén nestes anos, os participantes nalgunha
das modalidades de fondo de pensión disparáronse. Non cabe dúbida que a este forte incremento
tamén contribuíu o tratamento fiscal que por parte dos distintos gobernos se lle aplicou a esta modalidade
de aforro.
| Partícipes dos fondos de pensións (a 31 de decembro de cada ano) |
| |
Individual
|
Empleo
|
Asociado
|
Total
|
Variación
|
| 1989 |
317.777
|
–
|
–
|
–
|
–
|
| 1990 |
530.551
|
81.420
|
15.987
|
627.958
|
–
|
| 1991 |
710.677
|
110.315
|
21.309
|
842.301
|
34,1
|
| 1992 |
875.041
|
166.592
|
26.358
|
1.067.991
|
26,8
|
| 1993 |
1.066.872
|
212.668
|
62.791
|
1.342.331
|
25,7
|
| 1994 |
1.301.712
|
222.249
|
67.759
|
1.591.720
|
18,6
|
| 1995 |
1.490.255
|
234.674
|
71.155
|
1.796.084
|
12,8
|
| 1996 |
1.838.804
|
267.174
|
72.669
|
2.178.647
|
21,3
|
| 1997 |
2.352.239
|
292.090
|
76.459
|
2.720.788
|
24,9
|
| 1998 |
2.953.750
|
316.545
|
76.497
|
3.346.792
|
23,0
|
| 1999 |
3.623.507
|
371.648
|
76.448
|
4.071.603
|
21,7
|
| 2000 |
4.402.708
|
463.519
|
72.601
|
4.938.828
|
21,3
|
| 2001 |
5.168.114
|
566.885
|
92.941
|
5.827.940
|
18,0
|
| 2002 |
5.829.358
|
614.996
|
88.721
|
6.533.075
|
12,1
|
| 2003 |
6.612.317
|
696.640
|
88.702
|
7.397.659
|
13,2
|
| 2004 |
7.244.482
|
1.282.598
|
83.217
|
8.610.297
|
16,4
|
| 2005 |
7.681.232
|
1.538.186
|
85.921
|
9.305.339
|
8,1
|
Fonte: Inverco. |
Durante a última década do século
pasado é o que vai do novo século, ano a ano o número de partícipes medrou desmesuradamente.
Con respecto ó ano 1990, hai un 1.347,7%
máis de partícipes en plans de pensións privados; os maioritarios son os individuais.
1.2. Relación cotizantes / pensionistas
O noso actual sistema de pensións está
baseado no principio de reparto, de forma que si está equilibrado, as pensións contributivas deberían
financiarse coas cotizacións dos traballadores coexistentes con eles; no que inflúe: o número
de pensionistas, o número de traballadores, o importe medio das pensións e o importe medio das cotizacións.
No que atinxe á relación entre traballadores
cotízante / pensionistas, o escenario é o seguinte:
| |
Pensionistas contributivos
|
Traballadores cotizantes
|
Relación
|
| 1999 |
7.509.280
|
14.578.326
|
1,9
|
| 2000 |
7.598.890
|
15.236.218
|
2,0
|
| 2001 |
7.677.920
|
15.748.752
|
2,1
|
| 2002 |
7.745.780
|
16.188.390
|
2,1
|
| 2003 |
7.819.460
|
16.589.561
|
2,1
|
| 2004 |
7.878.640
|
17.161.920
|
2,2
|
| 2005 |
7.979.710
|
18.156.182
|
2,3
|
Fonte: Elaboración propia a partir dos informes
do INSS. |
Durante todos estes anos, no que o sistema de
pensión no Estado español tivo superávit, a relación estivo en torno a 2 cotizantes
por cada pensionista, incrementándose nos dous últimos ata acadar 2,3 no ano 2005.
Temos logo que concluír que manténdose
unha relación semellante á actual entre o importe medio das pensións e os salarios, a relación
entre traballadores afiliados en alta e pensionistas para a sostibilidade do sistema estaría en torno a
2.
2. Galiza
Ao igual que para o Estado español, o Ministerio
de Traballo facilítanos as contas da Seguridade Social para Galiza, as cales amosamos a continuación.
Distribución económica dos dereitos recoñecidos
en Galiza pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.
| Dereitos recoñecidos (en millóns de euros) |
| Capítulos |
1999
|
2000
|
2001
|
2002
|
2003
|
2004
|
2005
|
| Cotizacións sociais |
2.697,2
|
2.916,6
|
3.119,8
|
3.322,3
|
3.554,6
|
3.791,0
|
4.038,6
|
| Tasas e outros ingresos |
39,3
|
44,9
|
41,0
|
44,8
|
46,3
|
45,8
|
42,0
|
| Transferencias correntes |
1,8
|
1,7
|
1,8
|
1,7
|
1,8
|
1,7
|
1,6
|
| Ingresos patrimoniais |
0,1
|
0,1
|
0,1
|
0,1
|
0,1
|
0,1
|
0,1
|
| Enaxenación de inversións reais |
1,0
|
< | |