Actualidade / ArtigoVolver


Santiago, 23 de xuño de 2006

A cuestión enerxética e nós
 

Fermín Paz Lamigueiro-

servizoseafiliacion@galizacig.net


  Parque eólico en As Pontes, clic para aumentar
Cómpre sabermos que, malia que convertamos toda Galiza nun parque eólico, a situación teremos que interracionala porque senón perderemos a perspectiva acaída; e sirva como exemplo do que quero dicir o inverno do 2005, en que sobre a potencia instalada en enerxía eólica só se verteu á rede un 40% desa potencia con vento e un 5% sen el. (Foto: Parque eólico na Serra de Faladoira de Santa Marta de Ortigueira en As Pontes. ©Jorge Tutor 09/2004).
 
Logo da OPA a vida segue, tamén en materia enerxética. Como dixen outro día, é reducionismo puro falar da OPA só con perspectiva política partidaria e máis si se fai desde a pertenza ou simpatía polo PP ou o PSOE, porque é tanto como esquecer intencionadamente a Galiza e as afectacións desta manobra político-económico-laboral e de proxectos industriais. Sería descoñecer o que fixo Enagás no noso país, sería aceptar que o complexo mineiro-eléctrico non é unha unidade, sería aceptar deseños alleos onde nós somos soamente moeda de cambio.

Pero a espera de como remata o que nunca debeu principiar do xeito en que se fixo e para que se fixo, quero seguir falando de asuntos de actualidade.

A tendencia do consumo mundial de enerxía, segundo a Energy Informatión Administration, vai ser:

  • O petróleo seguirá sendo a principal fonte enerxética, mantendo a actual cota do 38% do consumo total no 2025.

  • O gas natural superará o carbón como segunda fonte primaria aló polo 2020.

  • As renovábeis situaranse no entorno do 10%; na actualidade é do 8%.

Outras consideracións a ter en conta a nivel mundial son:

  • O comportamento das economías emerxentes terá un impacto decisivo no equilibrio da oferta/demanda de combustíbeis.

  • As emisións de CO2 á atmosfera incrementaranse case que un 25% en 2010 e un 60% para 2025, e deste incremento un 68% corresponde ás economías emerxentes.

As perspectivas na UE son que a dependencia enerxética será dun 70% a nivel do conxunto dos produtos enerxéticos, e dun 90% no caso do petróleo.

A situación a nivel do Estado español caracterízase por que a demanda de enerxía eléctrica medrou un 57% no período 1996-2005, pasando de 156.245G Wh a 245.430 GWh, e no mesmo tempo a punta de demanda creceu un 72%, pasando de 25.357 Mw a 43.708 Mw, adiántandose en tres anos ao previsto nas proxeccións.

Non quero deixar neste contexto sen considerar as enerxías renovábeis, en concreto a eólica, sabendo que seguirá precisando en calquera dos escenarios posíbeis os seus déficits, ao non garantir a potencia punta e polo tanto o respaldo da potencia térmica clásica e dunha maior xestión da demanda.

En conclusión:

Non podemos confundir desexo con realidade e temos que aceptar que as proxeccións feitas tanto a nivel mundial, europeo ou estatal van quedar unha vez máis por baixo, é dicir, consumirase máis e aínda tendo en conta as novas tecnoloxías e as renovábeis. Cómpre sabermos que, malia que convertamos toda Galiza nun parque eólico, a situación teremos que interracionala porque senón perderemos a perspectiva acaída; e sirva como exemplo do que quero dicir o inverno do 2005, en que sobre a potencia instalada en enerxía eólica só se verteu á rede un 40% desa potencia con vento e un 5% sen el. Malia o dito, estou de acordo cos 6.500 Mw novos que está defender a Consellaría de Industria nas súas negociacións co Estado porque sempre defenderei a nosa necesidade de planificación enerxética e non perdermos posicións respecto aos ademais, así como da negociación da debeda histórica do Estado con Galiza, como prexudicado no papel de fornecedor que ten xogado o noso territorio na planificación enerxética estatal.

Neste escenario que veño de describidr, estase “preparando” a reapertura do debate nuclear como alternativa única e posíbel, e diante disto afirmo que en toda a área que rodea a Madrid é onde, con criterios de racionalidade e eficiencia enerxética, por riba de calquera outro territorio as autoridades competentes na materia teñen que apoiar a construción de novos centros de xeración por ser o principal “sumidoiro enerxético”.

 
 

Fermín Paz Lamigueiro,
secretario confederal de Servizos e Afiliación da CIG, membro do Consello de Administración da Asociación “Dereito a Enerxia”, representante na Mesa Estatal de Asignación de Dereitos de Emisión.

  Fermín Paz Lamigueiro
 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 23/06/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta