ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 26 de xaneiro de 2006

Concentración diante da Casa do Concello o luns 30 de xaneiro
Máis de 30 sentenzas condean ao alcalde de Dozón por actuacións caciquís contra os traballadores
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Ana Lois Navaza, clic para aumentar
Outra das accións previstas é pór en marcha unha campaña contra as mutuas por dar altas indebidas. Non hai que esquecer que son as responsábeis de que se lle dea a alta forzosa a persoas que, como Ana Lois Navaza (na foto), non están en condicións de traballar, porque non teñen superado o problema que provocou a baixa laboral. (Foto: ©galizacig.com).
 
Ana Lois Navaza, delegada da CIG no Concello de Dozón, e os seus compañeiros de traballo teñen acumuladas máis de 30 sentenzas favorábeis contra o alcalde, Adolfo Campos, por actuacións caciquís. Ana Lois Navaza, de baixa, a consecuencia da situación que tivo que padecer no Concello é agora obrigada pola mutua a regresar ao posto de traballo co seu acosador, malia os médicos especificar que non se pode reincorporar.

Diante desta situación a CIG convoca unha concentración diante da Casa do Concello de Dozón o próximo luns, día 30 de xaneiro, ás 11:00 horas para amosar a solidariedade coa compañeira e exixir que se arranxe esta situación.

O acoso que padecen tanto Ana Lois Navaza como os seus compañeiros de traballo por parte do alcalde do PP, Adolfo Campos, tradúcese en retrasos no pagamento dos salarios, apertura de expedientes, separación do posto sen encomendárselles funcións, ubicación en locais sen as mínimas condicións (illados, sen calefacción, sen acceso ao teléfono...).

A CIG considera que non se poden consentir este tipo de actitudes, por iso, ademais desta concentración ten previsto realizar xestións coa Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza para que actúe e promover unha entrevista coa Inspección de Traballo. Ademais diso, xa se levou o asunto ao Parlamento de Galiza, a través do grupo parlamentario do BNG, para o seu debate en pleno.


Papel das mutuas

Outra das accións previstas é pór en marcha unha campaña contra as mutuas por dar altas indebidas. Non hai que esquecer que son as responsábeis de que se lle dea a alta forzosa a persoas que, como Ana Lois Navaza, non están en condicións de traballar, porque non teñen superado o problema que provocou a baixa laboral.

Pero como a decisión das mutuas condiciona posteriormente ao Sergas para que non se lle poda dar a baixa a esta persoa, a CIG tamén solicitará unha entrevista coa conselleira de Sanidade para que a Sanidade pública galega adopte medidas que impidan situacións como esta se repitan.

 
 
Informacións relacionadas
29/11/2005 Entrevista
Ana Lois Navaza: “Na administración pública é onde se manifesta con maior crueza o acoso moral”
30/07/2005 A CIG demanda a inhabilitación de Adolfo Campos Panadeiro, alcalde da vila
Sentenciado o Concello de Dozón a indemnizar con 6.000 euros a Ana Lois Navaza por acoso moral
16/09/2003 A CIG exixe que o PP obrigue ao alcalde de Dozón a cumprir a lei e cese o acoso contra Ana Lois
26/02/2002 Entrevista a Ana Lois, delegada da CIG no Concello de Dozón
“Esta é unha guerra de resisténcia na que a CIG e os traballadores vencerán”
13/04/2001 Seguen as falcatruadas do alcalde de Dozón contra as/os traballadoras/es do Concello e a delegada sindical
O alcalde de Dozón prestou declaración nos xulgados de Lalín por unha demanda penal interposta pola Delegada Sindical da CIG-Administración
05/12/2000 Pola dignidade laboral no Concello de Dozón
02/12/2000 Máis de 700 persoas maniféstanse en Lalín en apoio dos traballadores/as do Concello de Dozón e contra a actitude autoritaria do alcalde
29/11/2000 Manifestación en apoio aos/as traballadores/as do Concello de Dozón, o 1 de decembro en Lalín
08/11/2000 A CIG logra a novena resolución xudicial favorábel aos funcionários e contra o alcalde de Dozón
25/10/2000 O Secretariado Confederal da CIG celebrou en Dozón unha reunión contra a persecución sindical
27/09/2000 Funcionarios mirando á parede
17/06/2000 O alcalde do PP en Dozón pisotea sistematicamente os direitos fundamentais de cinco dos sete funcionários da alcaldia
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 26/01/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta