ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 10 de novembro de 2005

Venres 11 de novembro en Compostela
Xornada Técnica sobre Prevención de Riscos Psicosociais no Traballo

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Acoso laboral, clic para aumentar
No decurso da xornada intentarase analizar este fenómeno e dar as claves que permitan detectar a aquelas persoas que o padecen que están sendo obxecto de acoso, xa que moitas veces as/os acosados non o identifican como tal, chegando a autoresponsabilizarse da situación.
 
A Federación de Administración Pública e o Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG organizan, o día 11 de novembro a partir das 10:00 horas, no Hotel Congreso en Teo, unha Xornada Técnica sobre Prevención de Riscos Psicosociais no Traballo.

Logo de terse advertido un alarmante incremento dos casos de acoso laboral na propia administración pública, a Federación de Administración da CIG, xunto co Gabinete Técnico de Saúde Laboral veñen de organizar unhas xornadas dirixidas a previr os riscos psicosociais no traballo.

No decurso da xornada intentarase analizar este fenómeno e dar as claves que permitan detectar a aquelas persoas que o padecen que están sendo obxecto de acoso, xa que moitas veces as/os acosados non o identifican como tal, chegando a autoresponsabilizarse da situación.

Ademais, daranse as pautas, tanto médicas como sindicais, para responder en caso de acoso e buscar unha saída favorábel ao traballador/a.


Xornada técnica
Prevención de Riscos Psicosociais no Traballo

Compostela, Hotel Congreso, 11 de novembro de 2005.

Programa

10:00. Recepción das/os participantes e entrega de documentación.

10:15. Presentación e obxectivos da xornada. Intervén Ana T. Lois Navaza, responsábel de Saúde laboral e Acción Sindical da CIG-Administración Pública.

10:45. Riscos Psicosociais no traballo. Aspectos Preventivos. Intervén Paula González Grueiro, Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG.

11:45. Pausa.

12:30. Riscos Psicosociais no Traballo. Aspectos Clínicos. Intervén Magdalena Silva Chorén, psicóloga clínica do C.H.U.S.

14:00. Xantar de traballo.

16:00. Riscos Psicosociais no Traballo. Aspectos Xurídicos. Interveñen Ana López-Suevos Fraguela, maxistrada do Social no Xulgado nº 2 de Santiago; Francisca Arias Castro, avogada administrativa da CIG; Rosa Vila Amarelle, avogada laboralista da CIG.

18:00. Debate.

19:00. Clausura.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 10/11/2005
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta