ActualidadeVolver a Actualidade / Artigo


Santiago, 18 de novembro de 2005

A suba salarial nos convenios asinados en Galiza e Euskadi é máis alta que no resto do Estado
 

Antolín Alcántara-

negociacioncolectiva@galizacig.net


  Revisión salarial 2005, clic para aumentar
Non parece por tanto casualidade que nos únicos lugares onde existe unha alternativa de sindicalismo nacionalista, os resultados da negociación colectiva superan claramente os pactos acordados entre CCOO, UGT e os empresarios con límites de incremento no 2,8%.
 
Os datos que proporciona o Ministerio de Traballo sobre os resultados dos incrementos salariais rexistrados a 30 de setembro na negociación dos Convenios non só ofrecen valores estatísticos senón tamén desvelan as diferencias na práctica sindical e os resultados de distintos modelos de sindicalismo.

A 30 de setembro o incremento medio dos salarios no Estado español foi dun 2,73 %, sendo por comunidades, primeiro Euzkadi cun 4,06 e logo Galiza cun 3,5%, os territorios con máis elevado crecemento.

Non parece por tanto casualidade que nos únicos lugares onde existe unha alternativa de sindicalismo nacionalista, os resultados da negociación colectiva superan claramente os pactos acordados entre CCOO, UGT e os empresarios con límites de incremento no 2,8%.

Pero o máis importante pode ser que esta aproximación de resultados en Euzkadi e Galiza non é unha excepción imputada ao exercicio do ano 2005, senón que confirma unha tendencia de varios anos que só se pode atribuír a factores de diferencia no modelo sindical. Por esta razón, desde a CIG vimos manifestando a cada momento a necesidade de superar un sindicalismo apostado no Pacto Social e con ámbito de decisión limitado ás cúpulas, e que non concede espacios á participación da clase traballadora.

Temos manifestado tamén que os Pactos de limitación nos incrementos salariais están condenando á clase traballadora a perder poder adquisitivo, e este feito coñéceno sobradamente CCOO e UGT, xa que a subordinación dos incrementos salariais ao estrito IPC non corrixe o impacto da inflación nas economías modestas, que corresponde exclusivamente á clase traballadora.

Por esta razón, desde a CIG estamos propoñendo incrementos de salarios cuantificados na inflación real, na que ten un peso extraordinario a alimentación e a vivenda; a primeira, pola proporción de gasto nas economías de menor renda, e a segunda por non estar incluída no IPC, o que adultera a cifra final resultante deste indicador.

No documento de IPC elaborado por Xabier Vence (Catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Compostela) podemos descifrar a perversidade do IPC na regulación dos salarios, pero esto non parece importar a un modelo sindical “moderno” que se gusta mostrándose preocupado pola produtividade e a competitividade das empresas.

 
 

Antolín Alcántara,
secretario confederal de Negociación Colectiva e Saúde Laboral da CIG.

  Antolín Alcántara
 
 
Informacións relacionadas
30/03/2005 Campaña CIG
Non aos pactos de contención salarial
23/03/2005 Un total de 270.000 traballadores están en precario en Galiza
A CIG defenderá na negociación colectiva de 2005 un incremento salarial mínimo de 42 euros/mes
05/03/2005 Antolín Alcántara: “Intentaremos que se aplique o IPC previsto máis os puntos que reclamemos a maiores sobre o salario medio de Galiza”
A CIG contra o acordo de moderación salarial pactado por CCOO, UGT e patronal
27/01/2005 Un estudo do catedrático de Economía Aplicada da USC, Xavier Vence, revela que os custos salariais situáronse en cero
A CIG sumará ao IPC outros índices para reducir a perda de poder adquisitivo dos salarios
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 18/11/2005
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta