|
Actualidade CIG-Comunicación-
A CIG espera que se actúe con dilixencia porque, tal e como explicou Suso Seixo, secretario xeral, en rolda de prensa, “estamos afeitos a que a fiscalía actúe contra os traballadores, con toda dureza, pero logo en conflitos destas características, onde hai mortos por medio, normalmente se procede con bastante benevolencia cos empresarios”. Para a CIG é imprescindíbel que se actúe con todo rigor na aplicación e control das medidas de prevención de accidentes laborais, máis cando Galiza ten a maior porcentaxe de accidentes laborais do Estado español.
Concentración e paro de dúas horas en
Ferrol A CIG vén de convocar, xunto con UGT, USTG e CCOO un paro de dúas horas na comarca de Ferrol para o próximo venres día 13 de maio a partir das 11:30 horas. Ademais, convócase unha concentración na Praza de Armas, diante do Concello as 12:00 da mañá. |
|||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 12/05/2005 |