|
Actualidade
Santiago, 28 de decembro de 2004
Os accidentes de traballo graves
e mortais, unha lacra insoportable para Galiza
| |
 |
| Equiparar o número total de accidentes
metendo no mesmo saco os leves, graves e mortais, sumando aos 46.190 que tiveron unha baixa médica de máis
dun día e no que o 93 % foron recuperados para o seu traballo habitual despois de 15 días de baixa
como media, cos que morreron ou remataron co accidente a súa vida laboral pasando a engrosar as listas dos
pensionistas por incapacidade, parécenos unha política cruel e de engano. |
| |
En recentes declaracións da conselleira
de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, Belén Prado, os índices
de sinistralidade no noso país melloraron, cifrando esta mellora nun 2,95 % sobre o número de accidentes
totais do ano 2002. Este dato que a conselleira tratou como “magnífico”, agacha dunha maneira burda e manipulada
o verdadeiro drama que padecemos en Galiza con relación aos accidentes de traballo. Esto é os accidentes
graves e mortais, que son os que en definitiva deixan unha secuela de pensións de viudedade, orfandade,
incapacidades, morte e destrucción.
Equiparar o número total de accidentes
metendo no mesmo saco os leves, graves e mortais, sumando aos 46.190 que tiveron unha baixa médica de máis
dun día e no que o 93 % foron recuperados para o seu traballo habitual despois de 15 días de baixa
como media, cos que morreron ou remataron co accidente a súa vida laboral pasando a engrosar as listas dos
pensionistas por incapacidade, parécenos unha política cruel e de engano, e así xustificar
a non posta en marcha de políticas activas contra os elementos que causan tan elevado número de accidentes
graves e mortais.
Das 17 Comunidades Autónomas estudiadas,
estamos de número dous no lamentable ránking por número de accidentes mortais en xornada de
traballo por cada cen mil persoas expostas ao risco. En Galiza, o índice de incidencia dos accidentes mortais
foi no ano 2003 dobre que Cataluña, e máis do dobre que Canarias ou Madrid. Polo medio sitúase
por exemplo Euskadi, cun índice de incidencia do 9,83 fronte ao 12,33 que padecemos no noso país.
| Accidentes de
traballo mortais - Índices de incidencia |
| Indice de incidencia de accidentes mortais en
xornada de traballo, por Comunidade Autónoma [
(número de mortos / poboación afiliada á Seguridade Social) x 100.000 ] |
| |
Media poboación afiliada
á Seguridade Social
|
| Por cada cen mil traballadores afiliados á
SS |
Media
1994
2003
|
2003
|
|
1994
|
1995
|
1996
|
1997
|
1998
|
1999
|
2000
|
2001
|
2002
|
2003
|
| Asturias |
17,7
|
27,7
|
22,0
|
15,9
|
15,4
|
19,1
|
15,2
|
7,8
|
13,8
|
11,23
|
16,59
|
293.884
|
| Galiza |
16,2
|
17,5
|
16,5
|
17,3
|
17,9
|
16,9
|
18,5
|
12,4
|
13,3
|
12,33
|
15,89
|
762.193
|
| Cantabria |
12,6
|
18,4
|
13,4
|
18,6
|
11,6
|
14,4
|
17,8
|
13,9
|
10,3
|
14,43
|
14,55
|
159.383
|
| Castela León |
14,8
|
14,9
|
12,6
|
13,4
|
12,7
|
12,6
|
13,5
|
13,4
|
11,4
|
13,66
|
13,30
|
475.676
|
| A Rioxa |
13,7
|
13,4
|
13,1
|
18,2
|
13,3
|
20,2
|
17,9
|
10,3
|
13,4
|
2,13
|
13,56
|
93.887
|
| País Vasco |
12,2
|
14,2
|
15,9
|
12,6
|
15,5
|
13,8
|
13,2
|
9,7
|
11,5
|
9,83
|
12,84
|
692.030
|
| Navarra |
16,5
|
12,5
|
6,2
|
14,5
|
12,4
|
12,3
|
20,4
|
7,4
|
11,7
|
10,38
|
12,44
|
202.300
|
| Aragón |
12,6
|
15,3
|
11,2
|
9,6
|
11,6
|
9,4
|
11,7
|
11,2
|
10,9
|
8,05
|
11,17
|
397.748
|
Castela
A Mancha |
13,9
|
9,7
|
12,8
|
12,2
|
14,9
|
9,3
|
10,2
|
8,9
|
9,9
|
6,94
|
10,87
|
677.418
|
| Murcia |
14,9
|
10,2
|
15,0
|
12,1
|
11,2
|
8,5
|
6,6
|
9,5
|
7,4
|
8,15
|
10,35
|
404.820
|
| Comunidade Valenciana |
10,7
|
8,3
|
9,0
|
11,0
|
8,2
|
7,7
|
9,2
|
7,5
|
8,1
|
8,53
|
8,83
|
1.395.071
|
| Extremadura |
8,9
|
7,8
|
10,3
|
9,1
|
8,7
|
4,8
|
11,5
|
7,0
|
10,8
|
8,15
|
8,69
|
294.494
|
| Aandalucia |
9,5
|
8,4
|
7,5
|
8,6
|
8,3
|
9,4
|
6,9
|
7,5
|
6,9
|
7,17
|
8,02
|
2.288.228
|
| Cataluña |
8,4
|
8,3
|
7,2
|
8,9
|
7,8
|
8,5
|
6,5
|
6,7
|
7,7
|
6,15
|
7,62
|
2.453.412
|
| Canarias |
8,3
|
7,1
|
7,5
|
6,8
|
6,7
|
8,4
|
9,0
|
4,9
|
6,3
|
5,46
|
7,05
|
604.571
|
| Madrid |
7,4
|
5,9
|
7,1
|
6,9
|
6,9
|
6,0
|
5,7
|
6,2
|
5,8
|
5,22
|
6,30
|
2.163.690
|
| Baleares |
8,0
|
5,7
|
7,8
|
3,0
|
6,0
|
3,3
|
6,2
|
6,6
|
1,0
|
2,90
|
5,04
|
310.302
|
| Ceuta |
10,2
|
20,1
|
10,2
|
10,0
|
-
|
17,3
|
-
|
23,0
|
7,2
|
20,83
|
11,88
|
14.400
|
| Melilla |
11,6
|
-
|
-
|
20,1
|
29,2
|
-
|
17,3
|
-
|
24,3
|
0,00
|
10,24
|
12.546
|
Fonte: Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais e
Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. |
Como podemos observar nas táboas anexas,
co análise dos últimos dez anos, o índice de incidencia dos accidentes mortais en xornada
de traballo nas Comunidade Autónomas apréciase unha tenue tendencia á baixa, sobre todo a
partir dos anos 1999-2000, debido a que efectivamente o conxunto da sociedade está tendendo a ter en consideración
o accidente de traballo como un obxectivo a resolver e, como non, o traballo da “Fundación para la Prevención
de Riesgos Laborales” e a incidencia sindical no tema da sinistralidade está tendo, aínda que lentamente,
gran importancia nos centros de traballo.
| Accidentes laborais
en Galiza |
-
- |
1994
|
1995
|
1996
|
1997
|
1998
|
1999
|
| Mortais |
| Agricultura |
3
|
3
|
4
|
4
|
7
|
4
|
| Mar |
23
|
17
|
18
|
20
|
28
|
19
|
| Industria |
19
|
27
|
31
|
23
|
20
|
17
|
| Construcción |
28
|
22
|
22
|
26
|
24
|
35
|
| Servizos |
22
|
29
|
25
|
30
|
40
|
44
|
| Total |
95
|
98
|
100
|
103
|
119
|
119
|
| Índ. Incidencia |
16,2
|
17,5
|
16,5
|
17,3
|
17,9
|
16,9
|
| Graves |
| Agricultura |
124
|
113
|
117
|
142
|
130
|
162
|
| Mar |
64
|
69
|
63
|
58
|
73
|
68
|
| Industria |
207
|
200
|
201
|
205
|
168
|
218
|
| Construcción |
198
|
199
|
176
|
204
|
202
|
210
|
| Servizos |
250
|
242
|
209
|
219
|
225
|
271
|
| Total |
843
|
823
|
766
|
828
|
798
|
929
|
| Leves |
| Agricultura |
854
|
973
|
926
|
1.031
|
1.204
|
1.211
|
| Mar |
1.855
|
1.906
|
1.950
|
2.036
|
2.186
|
2.015
|
| Industria |
9.131
|
10.337
|
10.576
|
11.296
|
12.569
|
13.610
|
| Construcción |
6.858
|
7.777
|
7.932
|
8.147
|
9.027
|
10.671
|
| Servizos |
7.001
|
7.834
|
8.518
|
9.450
|
10.713
|
12.853
|
| Total |
25.699
|
28.827
|
29.902
|
31.960
|
35.699
|
40.360
|
|
| |
2000
|
2001
|
2002
|
2003
|
1994
2003
|
xan/out
2004
|
| Mortais |
| Agricultura |
5
|
5
|
5
|
1
|
41
|
4
|
| Mar |
35
|
28
|
8
|
14
|
210
|
22
|
| Industria |
21
|
13
|
23
|
26
|
220
|
12
|
| Construcción |
19
|
20
|
30
|
27
|
253
|
14
|
| Servizos |
44
|
33
|
36
|
26
|
329
|
24
|
| Total |
124
|
99
|
102
|
94
|
1.053
|
76
|
| Índ. Incidencia |
18,5
|
12,4
|
13,3
|
12,33
|
|
|
| Graves |
| Agricultura |
135
|
138
|
146
|
129
|
1.336
|
115
|
| Mar |
69
|
67
|
77
|
83
|
691
|
97
|
| Industria |
204
|
237
|
205
|
271
|
2.116
|
200
|
| Construcción |
210
|
251
|
233
|
269
|
2.152
|
264
|
| Servizos |
231
|
257
|
247
|
254
|
2.405
|
251
|
| Total |
849
|
950
|
908
|
1006
|
8.700
|
927
|
| Leves |
| Agricultura |
1.195
|
1.349
|
1.422
|
1.378
|
11.543
|
1.175
|
| Mar |
2.032
|
2.007
|
1.823
|
1.628
|
19.438
|
1.659
|
| Industria |
13.720
|
15.087
|
15.336
|
14.933
|
126.595
|
12.635
|
| Construcción |
11.117
|
12.183
|
12.552
|
11.902
|
98.166
|
9.874
|
| Servizos |
14.553
|
15.770
|
16.461
|
16.349
|
119.502
|
13.103
|
| Total |
42.617
|
46.396
|
47.594
|
46.190
|
375.244
|
38.446
|
Fonte: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego
e Relacións Laborais. |
|
É polo que dende a CIG insistimos en que
unicamente estamos sendo beneficiarios da tendencia global, e como se pode apreciar nos cadros estatísticos
mantemos as notables e dramáticas diferencias entre as Comunidades Autónomas que si reduciron drasticamente,
dende hai dez anos, os índices de incidencia nos accidentes mortais.
O caso galego sempre foi xustificado dende a Administración
cada vez que un desastre marítimo da nosa flota pesqueira eleva drasticamente o número de mortos
cun só accidente. Efectivamente o sector do mar está fortemente castigado e por esa razón
necesitamos mecanismos propios, mecanismos concretos adaptados a esa situación. Sen embargo analizados dez
anos estamos nunha crise estructural que golpea ano tras ano, todos os anos. Situación similar aparece no
sector da construcción onde nin sequera existe o argumento do gran desastre marítimo. 1.053 mortos
en dez anos, dos cales 210 no sector do mar e 253 no sector da construción son algo máis crudo e
real que o 2,95 % manifestado pola señora conselleira.
Enténdese este lamentable índice
de mortalidade nos centros de traballo como resultado da non posta en marcha do Instituto Galego de Seguridade
e Saúde Laboral, no que o máis que se avanzou foi cun cambio de denominación dos Gabinetes
Provinciais transferidos dende 1982. Este ano 2005 contarán con máis recursos, aínda que sendo
tantas as carencias quedan estes recursos moito máis atrás do que vimos reivindicando as organizacións
sindicais.
E por se isto fora pouco, a un mes escaso de manifestar
a conselleira Belén Prado que contaba coa equipa de traballo constituída principalmente polo director
xeral de Relacións Laborais e a subdirectora xeral de Seguridade e Saúde Laboral, hoxe estamos á
espera de que se configure a Dirección Xeral de Relacións Laborais no referente á Seguridade
e Saúde Laboral, xa que inexplicablemente a equipa está sendo sustituída, e esta situación
colabora e afianza o atraso que vimos arrastrando ano tras ano e non permite a posta en marcha de políticas
concretas que consigan cambiar a tendencia dunha maneira radical e que no caso galego necesita que sexa a curto
prazo.
Gabinete Técnico de Saúde Laboral.
Confederación Intersindical Galega.
|