Actualidade / Biografía Volver


Vigo, 2 de agosto de 2004

Federico Ribas: un artista xenial
 

Lois Pérez Leira-

cig.migracion@galizacig.com



 Clic para aumentar
Federico Ribas Montenegro.
 
O mar achegabase como sempre, para acariñar as praias de Bouzas, unha vila mariñeira moi cercana a Vigo, onde o comercio e o traballo da pesca, eran o día a día e a razón de ser.

Federico Ribas Montenegro nacia o 26 de outubro de 1890. Conta Alberto Vilanova “desde moi neno, aos seis anos, comezou a manifestar a súa irresistíbel afeicczón ao debuxo. Estudou o bacharelato, e os seus país, acomodados comerciantes animaronlle a estudar medicina, pero fixo oposicións para o seu ingreso en Correos, pero ao ser reprobado no ultimo exercício, dedicouse ao estudo da escultura durante un ano co pintor e escultor asturiano Julio González Pola, marchando despois á cidade de Bos Aires”.

En 1908 chega á Arxentina como tantos emigrantes galegos. Na súa pequena maleta levaba algunhas roupas, fotos familiares e alguns pinceis e lápis para comezar a traballar.

“Fun aos dezanove anos. –Contanos Ribas-. Embarquei no meu pobo, en Vigo... Un embarque con algo de aventura. Naqueles tempos... Para burlar a vixiláncia das autoridades, os que estabamos comprendidos na idade das quintas, tomar o barco mar a fóra, desde un remolcador, que agardaba cos fuxitivos. Todo estaba previsto.Baixaba a escala, e , veña!,arrriba, á cuberta de terceira clase, claro; porque eu fun en terceira, claro está coma bo emigrante galego... Recordo a saída, por entre aquelas illas Cíes, picudas, bruñidas, cunha enxurrada de salitre... E todos amoreados alá, na coberta; as mulleres chorando; os homes, coa cabeza gacha, e alá lonxe a terra que ía perdendose...”.

Os primeiros meses camiñou na procura de traballo, até que comezou como pintor decorador. Máis tarde empezou como colaborador de famosas revistas da época “ Papel y Tinta” e “ PBT” no diario “ Última Hora”. Posteriormente incorporouse na revista satírica “ Caras y Caretas”. Naquela histórica e emblemática revista de actualidade e sátira, traballaban dous destacados caricaturistas galegos de grande sona José Maria Cao e Juan Carlos Alonso.

 Clic para aumentar
Ilustración de Federico Ribas. Home con grande experiencia no mundo xornalístico, foi director artístico da revista arxentina “Atlántida”.
 
“...Traballei como decorador –conta Ribas- non sábia unha palabra de iso cando me puxen, pero, que remedio!, traballe... Entón en prelos, en talleres de gravado. Por fin entrei nun xornal a debuxar. A vida comezou a sorrirme. De Bos Aires pasei a Paris cuns miles de francos no peto”.

Despois de algúns anos en Bos Aires xunto algun diñeiro para cumrlir un vello soño coñecer París.Asi foi como en 1912 chegaba á capital francesa. Traballo como director artístico da revista “Mundial” que dirixia Rubén Darío e para “Le Rire”.

“Non faltaba nin un só dia –dinos Ribas- a unha das tantas academias libres que hai en París. E alá, veña a pintar do natural, asimilando as correntes estéticas do ambiente; pero sempre alerta, sempre soando dentro de min a moeda artística...Un dia Antonio Linares chamoume para debuxar en Mundial, a revista que dirixia Rubén Darío...! Magoa que a guerra botase abaixo tantas esperanzas! Rubén case non ía pola redacción; el prestixiaba Mundial co seu nome e cos seus versos...Foi unha época que eu evoco con morriña. Nas páxinas de Mundial publicaronse aquelas admirábeis cabezas que fixo Vásquez Díaz “Compostela” de Unamuno, de Nervo, de Rubén, de Juan Ramón...! Que anos aqueles! Alá casei con Georgina...”.

Coa declaración da primeira guerra mundial en 1914 trasladase a Madrid onde se instala durante vários anos. Realiza moitísimas colaboracións para revistas e periódicos: Colaborou en Faro de Vigo, El Pueblo Gallego, La Esfera (Madrid), Blanco y negro (Madrid), Nuevo Mundo (Madrid), Buen Humor (Madrid), etc.

 Clic para aumentar
Federico Ribas en Bueu.
 
Tamén atopamos poemas en galego editados no periodico “Galicia” de Paz Andrade asinados por Ribas Montenegro que cremos que son da súa autoría.

A sua tendéncia artista estaba moi ligada ao debuxo anunciador, a publicidade, o debuxo cor de carácter galante, a moda etc. Neste xenero publicitario foi o herdeiro do artista Rafael Kirchner.

Federico pasaba longas tempadas en Galiza, ou mellor dito a sua vida era un ida e volta entre Madrid e Galiza. Tanto nas tertúlias na capital xunto a Dieste, Maruja Mallo ou Fernández Mezquita ou xuntabase en Vigo cos intelectuais da época.

A partir da amizade co poderoso empresario Massó, Federico mercou unha casa en Beluso (Bueu) co fin de se recluirse naquela fermosa paisaxe criador.

Facía alguns anos os veraneos en Bueu concentraban un bo número de intelectuais galegos e estranxeiros que por distintos motivos moraban en Madrid. É asi como durante tres anos seguídos, o que fose anos despois presidente de Venezuela Rómulo Gallegos, xunto á sua esposa e un grupo de exilados do seu país veraneaban neste pobo mariñeiro. Xunto aos venezuelanos -como os chamaban no pobo- era común atopar con Fernández Mezquita, Maruja Mallo, Johan Carballeira, o fotógrafo Kasado, de cando en vez o próprio Castelao achegase ás tertúlias dos veráns, daquela ensoñadora praia de Beluso onde o empresario Massó potenciaba este ambiente intelectual.

O alzamento militar contra a republica, o 18 de xullo de 1936 atopa a Federico Ribas na súa casa de Beluso, alá estaban tamén desfrutando do verán Fernández Mesquita e a súa namorada a xenial pintora Maruja Mallo.Os militares pronto fanse cargo da vila e comeza a represión.O alcalde recentemente eleito Johan Carballeira é detido e fusilado e asi unha serie de amigos de Federico.

A intuición sobre a gravidade da situación levao a trasladarse até Vigo onde estará agachado na casa duns familiares e desde alá collerá un barco até a Arxentina. O 7 de novembro daquel ano fatídico, estará novamente no porto de Bos Aires.

 Clic para aumentar
“Pescantina de Soage”, debuxo de Federico Ribas.
 
Naquela cidade tiña amigos e un nome gañado pola sua traxectória artística. Era un home con grande experiencia no mundo xornalístico. É asi como foi nomeado director artístico da grande revista arxentina “Atlántida”. Na súa estáncia neste país realizou distintas exposicións e colabora con distintos periódicos antifranquistas como “España Republicana”. Realizou unha série de debuxos ou estampas sobre o terror cometido polo franquismo na província de Pontevedra. A fins de 1949 regresou a España, falecendo en 1952.

O artista galego arxentino Luis Seoane dixo del: Volveu só a morrer, finou hai poucos anos en Madrid un ilustre debuxante que realizou a súa obra, case a metade da súa vida, en Bos Aires... Ribas, non tiña morada fixa. Deitaba e comía en calquera sítio. . Federico Ribas foi, a partir de 1920 aproximadamente, o debuxante mais cotizado de Madrid, como apartir de 1912 o foi en Buenos Aires até o seu regreso definitivo. Federico Ribas tratou sempre de mostrar unha vida graciosa, amábel, a través dun lene humor até hai uns vinte anos, en 1936, cando os mortos o torturaron, igual que a Goya, que a Castelao, e na intimidade do seu taller debuxaba a crueldade e a morte tal como un dia a vera na nosa costa do seu mar de Vigo”.


Lois Pérez Leira,
coordenador nacional do Departamento de Migración da CIG.

 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 02/08/2004
cig.informatica