Actualidade / ArtigoVolver


Vigo, 3 de xuño de 2004

Contratación temporal fraudulenta
 

Clodomiro Montero Martínez-

cigbancanac1@terra.es



 Clic para aumentar
A existencia do fraude é moitas veces coñecida polos Comités de Empresa e polos propios traballadores/as, pero só cando remata o contrato ou cando non hai renovación os afectados/as están dispostos a reclamar. É frecuente escoitar de moitos compañeiros/as xustificacións do tipo “os rapaces o que queren é traballar”. Non hai que calar ante este tipo de razoamentos reaccionarios, que nos converte en cómplices necesarios do fraude. Os rapaces e as rapazas queren traballo fixo e con dereitos, os mozos e mozas de agora non son bechos raros, queren o que queremos todos.
 
O traballo sindical a nivel de empresa é básico na loita cotián contra a temporalidade, nomeadamente no control do fraude na contratación.

Que as empresas na Galiza abusan da contratación temporal é un feito, a taxa de temporalidade sitúase nun 35% fronte ao 13% da Unión Europea. Non é de estrañar que na última enquisa da empresa “Sondaxe” a precariedade laboral fora o segundo problema en importancia para os galegos e galegas.

E non é menos certo que ese abuso na eventualidade deriva en moitos casos en fraude contractual. A existencia do fraude é moitas veces coñecida polos Comités de Empresa e polos propios traballadores/as, pero só cando remata o contrato ou cando non hai renovación os afectados/as están dispostos a reclamar.

É frecuente escoitar de moitos compañeiros/as xustificacións do tipo –“os rapaces o que queren é traballar”. Non hai que calar ante este tipo de razoamentos reaccionarios, que nos converte en cómplices necesarios do fraude. Os rapaces e as rapazas queren traballo fixo e con dereitos, os mozos e mozas de agora non son bechos raros, queren o que queremos todos.

A lexislación básica en materia de contratacións é a base da precariedade, se por riba permitimos fraudes nas contratacións estaremos colaborando na conversión do mercado laboral nun grande supermercado da temporalidade onde as persoas non somos máis que mercadorías.

Hai fraudes que se repiten en practicamente todas as empresas ou sectores: a utilización de contratos por Obra ou Servicio para realizar actividades propias da empresa baixo a falsa xustificación de campañas; o encadeamento de contratos por carga de traballo superando os seis meses nun ano; bolseiros que en lugar de realizar as prácticas da súa carreira son utilizados como man de obra gratuíta, etc. Debemos denunciar ante as Inspeccións de Traballo todas é cada unha das situacións fraudulentas, solicitando a alta do traballador/a como fixo na empresa, e debemos sindicalizar os conflictos mobilizándonos contra estes abusos patronais.

É necesario involucrar ás Seccións Sindicais na campaña contra a precariedade, o ámbito da empresa tense amosado como idóneo tanto para a negociación en materia de emprego (por estar máis perto da realidade), como para a persecución do fraude cando é necesario. Ao fin, os sindicatos negociamos cando podemos e mobilizámonos cando non nos queda outro remedio.


Clodomiro Montero Martínez, secretario nacional da Federación de Banca da CIG.

Volver


Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 03/06/2004
cig.informatica