|
Actualidade / Biografía
Vigo, 23 de xaneiro de 2004
Juan José Paso, un galego na independencia
arxentina
| |
 |
| Retrato de Juan José Paso (1758-1833). |
| |
Orixinário de Bos Aires, cidade na
que naceu o 2 de xaneiro de 1758. Os seus pais foron don Domingo do Pazo (apelido verdadeiro) e dona Maria Manuela
Fernández Escandón. Don Domingo nacera en Bugallido –Negreira-, provincia de A Coruña. Pola
sua aldea o rio Barcala acompaña os prados verdes e as montañas que se achegan ao mar do Finisterre
eterno. Dende A Coruña, o porto máis perto, embarcouse para o vicerreinato do Rio da Prata.
Ao chegar a Bos Aires, despois de case un mes
de travesia, o pai de Juan José estabeleceu unha padaria. A capital porteña comezaba a desenvolverse
e necesitaba comerciantes e persoas de oficios vários. Don Domingo era un home con intereses vários,
un liberal daqueles anos significaba ser un revolucionário.
Foi capitán de milicias, Regidor do Cabido
e fundador da igrexa de san Francisco.
Juan José Paso realizou os seus estudos
universitários en Cordóba, licenciándose en 1779. Ao voltar a Bos Aires dedicouse ao ensino
superior. Dende 1781 até 1783 ocupou as cátedras de filosofía, física e metafísica
no coléxio de san Carlos. Despois marchou ao Perú, onde permaneceu por un tempo longo. En 1803, outra
vez en Bos Aires, as autoridades españolas o designaron axente fiscal da Real Facenda. Foi un dos primeiros
povoadores de san José de Flores, onde se instalou en 1804.
O 22 de maio de 1810 asistiu ao Cabido aberto
e apoiou a postura do grupo revolucionário que pugnaba polo cese do vicerrei, mediante un discurso hábil
e conciso que axudou a definir a votación aprol da causa patriota. Esta brillante atuación valeulle
o nomeamento de secretário da primeira Junta ao carón de Moreno, cuxas ideas compartia.
Dende setembro de 1811 até abril de 1812
foi membro do primeiro trunvirato, e despois, da revolución do 8 de outubro dese mesmo ano, pasou a integrar
xunto a Nicolás Rodríguez Peña e António Álvarez Jonte. En 1815 foi nomeado
asesor de governo do directório e Auditor xeral de Guerra. Máis tarde resultou electo deputado ao
congreso de Tucumán, onde se desempeñou coma secretário.
| |
 |
| Declaración de la Independencia Argentina. |
| |
Na sesión do 9 de xullo de 1816, tivo a honra
de ler a acta de declaración da Independéncia. En 1822, elixido representánte da lexislatura
da provincia de Bos Aires, chegou a ocupar a presidéncia do corpo lexislativo. Tamén integrou coma
deputado o congreso nacional de 1824. Morreu en Bos Aires o 10 de setembro de 1833, afastado de toda función
pública.
Juan José Paso tivo outro irmán,
Ildefonso, que se destacou na vida política daqueles anos. Estudiou no coléxio san Carlos, foi alcalde
de Barrio asistindo ao congreso celebrado en 1806 relacionado coas invasións inglesas e nel foi axudante
do primeiro batallón de Patricios.
No Cabido de Maio votou apoiando a Martín
Rodríguez. Foi alcalde de Pirmer e distinguiuse polas suas medidas para a seguridade nos cárceres,
vocal da Junta Protectora de la Libertad de Imprenta, Regidor terceiro do Cabido e Fiel Ejecutor en 1816.
Lois Pérez Leira.
|