Actualidade / Artigo Santiago, 15 de abril de 2003 De mongoles e marines
| |  | | O Museu Arqueolóxico de Bagdad, que gardaba reliquias de mais de seis mil anos de história, foi obxecto da pillaxe ante a ollada condescendente dos marines. | | | A milenária Bagdad sofreu ao longo dos séculos varias invasións feroces. Os anais históricos comentan que a mais cruenta e selvaxe aconteceu en febreiro de 1258. As tropas do neto de Gengis Khan, aliadas con turcos do Asia central, asediaron a lexendária cidade dos Califas. Tres meses de asedio culminaron con unha invasión feroz que segundo as crónicas históricas “tiñeu de negro e vermello as augas do Tigris”. De negro, pola tinta dos pergaminos disolta nas augas do rio. Os invasores mongoles saquearon as universidades e as bibliotecas. De vermello, polo sangue derramado tras unha feroz matanza. O Califa Al-Mustasin, ainda con vida, foi envolto nunha alfombra e o seu corpo foi pisoteado polos cabalos dos guerreiros mongoles até morrer. Asi finalizou a considerada como mais cruenta e selvaxe invasión de Bagdad... Até que chegaron os marines, pupilos de Baby Bush. A Biblioteca de Bagdad foi saqueada de novo en abril de 2003. O Museu Arqueolóxico de Bagdad, que gardaba reliquias de mais de seis mil anos de história, foi obxecto da pillaxe ante a ollada condescendente dos marines. Só falta por ver se o corpo de Saddam, envolto nunha alfombra, será pisotedo por unha coluna de blindados... Os novos Atila voltaron a liberar Bagdad.
|