Actualidade / Artigo Santiago, 5 de novembro de 2002 As barbas en remollo
A sociedade de Taxación TINSA acaba de publicar un informe que revela que os pisos de segunda man incrementaron nun 18,37% o seu prezo no último ano. A vivenda nova encareceuse nun 14,24% no mesmo período. O termo medio refírese ao estado español. En Galiza esa medra termo medio de prezos traduciuse en 10% encanto a vivenda usada. En Pontevedra, o salto foi de 13%; A Coruña, 10%; e Lugo, 2%. En Ourense non subiron os prezos nun ano, cousa estrañísima que habería que estudar e que podería obedecer a que a medra do prezo da vivenda nesa provincia galega foi moi alta nos últimos anos e, ademais, ao esgotamento do proceso de lavado de diñeiro negro que se escenificou durante o ano pasado. A especulación está-se a dirixir cara o mercado de bens raíces, o que se pode colixir do feito de que hai no estado español 2,5 millóns de vivendas desocupadas. Estas cifras indican que estamos ás portas do estalo da burbulla inmobiliaria. Pasemos revista ao que pasa en Estados Unidos e Reino Unido. Aí ven algo así como un derrube do 30% nas hipotecas na área de Washington, o norte de Virginia e demais. Isto será en parte reflexo do derrube das "punto com". Xente que non ten cualificación, pero que tiña salarios inflados, agora se converten en desempregados que non teñen onde ir. Mercaronse chozas de cartón embetumado cubertas de plástico, con hipotecas valuadas entre 500 mil e 1 millón de dólares, ou algo así. E agora están quebrados. As hipotecas penden aí, ben enroupadas e apuntaladas polas axencias hipotecarias do goberno federal e o Sistema da Reserva Federal. E as hipotecas agora voltanse incobrábeis. A xente destas zonas, en tanto as hipotecas aumentaban coa especulación, podía ir ao banco a refinanciar a súa débeda e conseguir algo de efectivo para gastar en cousas como alimentos e débedas de tarxetas de crédito. E, por tanto, o poder de compra nestas zonas sustiñase con diñeiro emprestado, xerado, en grande medida, con esta ficción. Hai unha situación semellante en California. Existen condicións semellantes en outras partes dos EU. A ficción vense abaixo. O mesmo está por acontecer no Reino Unido, onde teñen unha burbulla de bens raíces do mesmo tipo.


 Confederación Intersindical Galega www.galizacig.com
ÚLTIMA REVISIÓN: 05/11/2002 |