Actualidade / Artigo Santiago, 13 de setembro de 2002 A crise de outono
Estamos xa nun período de tremenda turbulencia económica en escala planetaria. Vemos, por exemplo, que en Brasil, o custo de refinanciar a débeda externa excede por moito a débeda mesma. Isto fará imposíbel seguir manexando o irremediábelmente quebrado sistema financeiro mundial e nos próximos meses esto será evidente. A oligarquía financeira angloamericana sabe que ésta é a situación, e por tanto veremos unha aventura militar en Irak moi pronto. A situación do Brasil non é distinta á de Arxentina, nen á de Estados Unidos. Cada unha destas nacións ten o mesmo problema ainda que con características específicas diferentes. Se as políticas do Fondo Monetario para Arxentina se levan a cabo tal e como se están a apresentar agora, se se aceitan, Arxentina se vai a desintegrar, porque esas condicións do FMI non permiten que Arxentina exista como nación. Os Estados Unidos non están moito mellor. Hai unha serie de burbullas especulativas internas; por exemplo, a burbulla de bens raíces. O sistema financeiro dos Estados Unidos é o fraude financeiro mais grande do planeta neste momento. O único que está a suster a Washington é un fraude contábel xigantesco. Como vimos nos últimos meses, Enron somente é a ponta do témpano. A situación non é moi diferente mesmo en Europa. Asi que temos unha situación tal que neste outono estaremos a entrar a unha fase imposíbel e non se pode calcular o que vai pasar mais alá desa fase. Baixo estas condicións, os desesperados dos EU crien que somente a través da guerra poderán controlar a situación política dentro dos EU e noutras nacións tamén. Brasil é a nazón chante de toda Sudamérica, en termos estratéxicos. O pacote de resgate financeiro de 30 mil millóns de dólares para Brasil anunciado en agosto polo FMI, está en realidade destinado a resgatar aos principais acreedores de Brasil, como o Citibank, J.P. Morgan e outros grandes bancos internacionais. O que Washington está a facer é un bluff. O goberno de Bush actualmente non ten a menor idea de o que facer fronte á crise sistémica global, nen ao perigo específico dun estoupido da débeda de Brasil. O que si saben é que non queren que Citibank e J.P. Morgan vaian á bancarrota. O perigo iminente dun cesamento de pagos brasileiro —con os seus 500 mil millóns de dólares de débeda externa real e a sua burbulla de débeda pública interna totalmente fora de control—, era mais de que se podía dixerir. Asi que este pacote do FMI non é un favor para Brasil; é un favor aos Estados Unidos, que non sabe o que diaños facer baixo as circunstancias actuais. Pero esta decisión de lle lanzar outra masa de cartos á xigantesca burbulla especulativa non vai funcionar. O FMI é hoxe unha institución defunta; xa non funciona. Só unha cousa pode funcionar: ten-se que conxelar a situación, conxelando todo, incluídas estas débedas. Non se lle pode resgatar; non se lle pode administrar. O sistema do FMI está morto: non pode manexar xa esta crise. O problema é que non hai ninguén neste momento dentro dos círculos oficiais dos Estados Unidos que teña confianza na sua capacidade para manexar esta situación. Asi que están a tratar de facer un bluff para sair do paso.


 Confederación Intersindical Galega www.galizacig.com
ÚLTIMA REVISIÓN: 13/09/2002 |