Actualidade / Artigo Santiago, 22 de xuño de 2001 O ALCA, a fase mercantilista da globalización neoliberal
O profesor James Petras acaba de publicar un sesudo e clarificador estudo sobre o ALCA e a sua relazón coa política exterior de Estados Unidos, particularmente cara América Latina. Petras conclui que o ALCA é "o enxendro lóxico do progreso da doctrina neoliberal imposta polos factores de política de EEUU e os seus clientes latinoamericanos desde meados dos anos 70. Mentres pretende falar de "libre comercio," semella-se ao sistema mercantilista do antigo sistema imperial". Petras sinala que a administración Bush decidiu consolidar e profundar o seu controlo sobre América Latina. Baixo Clinton, Washington estendera o Império polos catro recunchos do mundo, as corporacións multinacionais estadounidenses lograran a supremacia, pero a "economia nacional" de EEUU -é dicer, as importacións e exportacións, cara e desde a economia territorial estadounidense, sofreran unha decadencia relativa, como o demostra o seu crecente déficit comercial. A única rexión na que EEUU ainda mantiña unha balanza de pagos positiva era América Latina. Ademais, a dominación de EEUU en América Latina estaba a ser desafiada polos crecentes movimentos de guerrilla en Colombia, o rexime independente nacionalista en Venezuela, e importantes movimentos indíxenas e campesiños antiimperialistas en Brasil, Ecuador, Bolivia, Paraguai, asi como por movimentos sindicalistas e urbanos en Uruguai e Arxentina. En resposta a estes desafios, Washington elaborou unha estratéxia complementária sobre dous flancos: o Área de Libre Comércio de América Latina (ALCA), e o Plano Colombia-Iniciativa Andina, ambos proxectados para aumentar o controlo de EEUU e profundar a sua capacidade de extrair recursos e riqueza cara EEUU. Segundo Petras, unha aproximación ao ALCA debese comezar con unha aclaración sobre o que non é o ALCA. Ante todo non é un acordo de libre comércio, conclui Petras. Estados Unidos reserva-se o direito de manter subsídios por 30 mil millóns de dolares á sua agricultura, a chamada lexislación "antidumping" para protexer ás suas principais indústrias, cotas para importacións en sectores económicos nos que non é competitivo, unha lexislación bancária que permite que os principais bancos de EEUU laven fondos gañados en América Latina, e unha cantidade de restrizóns "sanitárias," unilateralmente decididas, para reducir as importacións de gado e outros productos. Os paises latinoamericanos, por outra parte, teñen que eliminar todas as barreiras comerciais e cumplir coa doctrina do "libre comercio." Na cume de Québec, cando o Presidente Cardoso de Brasil mencionou o tema das restrizóns "antidumping" de EEUU para as exportacións de aceiro de Brasil, o Presidente Bush lle dixo "¡iso non ten nada que ver co ALCA, iso debe ser discutido na Organización Mundial de Comércio!". En segundo lugar, o ALCA non ten nen a mais remota semellanza cunha "integración económica." A panorama implica a subordinación das colónias aos paises imperiais, na que estes últimos controlan os sectores estratéxicos da economia, dominan os mercado e a mao de obra, e ditan a política económica. Integración implica un troco mais ou menos igual de produtos, fluxos de capital, ganáncias e intereses en ambas direccións, empresas conxuntas -nunha palabra, relazóns e benefícios mais ou menos simétricos. O ALCA é totalmente asimétrico, as multinacionais estadounidenses acumulan activos latinoamericanos e determinan o fluxo nunha soa dirección de benefícios (ganáncias, intereses, roialties), do Sul cara do Norte. A subordinación, non a integración, define a natureza do ALCA. nese sentido, o ALCA é moi diferente da Unión Europea. En terceiro lugar, o ALCA non estimula a competéncia, fomenta os monopólios. Ao estabelecer preferéncias comerciais dentro do bloco comercial, o ALCA penaliza a Europa, a Xapón e a outros sócios comerciais non-hemisféricos e aumenta as posicións comerciais monopolistas da poténcia principal dentro do hemisfério - é dicer EE.UU-, aumenta as vantaxes de EEUU, e diminui a capacidade dos paises latinoamericanos de conseguir mellores prezos, tanto nas vendas como nas compras. nunha palabra, o ALCA diminui a competéncia no praza mundial. En cuarto lugar, en vista das restrizóns mencionadas á competéncia e ao comércio, en outras palabras, que o ALCA privilexie a posición monopolista de EEUU, dá mais oportunidades ás firmas estadounidenses para que se seguren empresas privatizadas a prezos 'políticos' en lugar de pagar prezos de 'mercado.' Neomercantilismo
Afirma Petras que "desde a perspectiva da teoria económica, o ALCA é a denegación da premisa básica dos princípios liberais (ou neoliberais.) O ALCA é un sistema mercantilista, centrado na supremacia política de EEUU, cuxas políticas económicas son ditadas polo estado imperial a través dun conxunto de estruturas asimétricas, monopolistas, que facilitan o fluxo dos benefícios nunha soa dirección". A transición do neoliberalismo ao mercantilismo de EEUU/ALCA é o resultado de dous factores, segundo Petras: a profundación da crise económica en EEUU e a crecente competéncia de Europa e Asia, que leva a déficits imensos e insostíbeis. Nun tempo de crise interna e externa e de crecente competéncia, Washington necesita apoderarse dunha maior parte do mercado latinoamericano, as suas empresas e recursos naturais. O ALCA estabeleceria a supremacia das compañas multinacionais de EEUU sobre os competidores europeos ao dar prioridade ao acceso estadounidense aos mercados e ao comércio. "Libre comercio" dentro do ALCA significa o controlo monopolista estadounidense sobre os seus competidores latinoamericanos -especialmente se se toman en consideración as restrizóns proteccionistas que Washington imporia ás exportacións latinoamericanas. Fronte aos aumentos no comércio interregional, espécialmente no MERCOSUR, o ALCA favoreceria as exportacións directas a EEUU por sobre o comércio, a través de subsidiárias, nos mercados rexionais. Isto aumentará o superávit comercial de EEUU e perxudicaria aos proveedores secundários de propriedade local das compañas de propriedade estadounidense. O ALCA é un retorno ás relazóns bilaterais asimétricas a substituir un "comércio rexional" no que os reximes locais tiñan algunha marxe de negociación. É moi probábel que o comércio rexional, como existe no MERCOSUR, declinará, xa que ficaria subordinado ao ALCA. O resultado será favorecer aos exportadores de EEUU, especialmente o agronegócio, os fabricantes, os servizos (tecnoloxias da información, bancos, etc.) mentres se debilita o agronegócio arxentino ou aos industriais brasileiros. As multinacionais estadounidenses neses paises operarán segundo as regras do ALCA -non segundo as regulacións dos paises nos que traballan- particularmente no que se refere á lexislación laboral, a saúde e a educación. O que é probabelmente de maior importáncia, o ALCA estabelecerá regras e regulacións ditadas por EEUU ao fixar as condicións para o comércio e o investimento por sobre e contra os reximes neoliberais rexionais. Isto significa vastos trocos na educación, a saúde, as relazóns laborais, o meio ambiente, asi como na economia. Por exemplo, a saúde e a educación serian privatizadas como resultado do fin dos "subsídios," se lle abrirá a porta ás xigantescas corporacións sanitárias de EEUU e a elevados gastos de matrícula para as "universidades públicas" (como é o caso en EEUU). O ALCA significa o fin dos últimos vestíxios de soberania nacional -a recolonización de América Latina. Significa que as multinacionais de EEUU xa non terán que transplantar subsidiárias a América Latina, poderán exportar directamente de EEUU. O ALCA é a extensión lóxica das políticas neoliberais do nível nacional e rexional ao hemisférico. O "neoliberalismo" dentro dun sistema mercantilista manexado por e para EEUU e os seus reximes clientes locais. Se o neoliberalismo permitiu a EEUU que participase no saqueo de América Latina, particularmente na privatización das empresas públicas, cos ricos latinoamericanos e o capital europeo e asiático, o ALCA está feito para maximizar a parte de EEUU nos mercados e os recursos latinoamericanos. O ALCA foi elaborado para criar unha "Fortaleza América" contra a competéncia euro-asiática, e para maximizar a extracción de benefícios, para financiar a crecente crise en EEUU. O ALCA xerou unha oposición xeneralizada que vai dos movimentos sindicais e campesiños a sectores da burguesía nacional, particularmente en Sao Paulo e Porto Alegre en Riu Grande dó Sul, ambos en Brasil. A cobiza do ALCA, que vai mais allá da política neoliberal, a un monopólio mercantilista, centrado no império, ameaza con desplazar a certos sectores da burguesía. Mentres a burguesía comparte cos multinacionais estadounidenses o seu apoio comun ao troco radical da lexislación social e laboral, opoñen-se á toma de posesión total da economia polo poder imperial. É o motivo para a indecisión de Cardoso entre a sua dependéncia económica da capital e os bancos estranxeiros, e a sua dependéncia política dos grandes grupos industriais brasileiros: as queixas de Cardoso sobre o mercantilismo estadounidense en nome da "verdadeira liberalización," sen embargo, atopan ouvidos xordos en Washington. A fin de pór en prática o ALCA, a administración Bush ten dous reximes clientes: o presidente Fox en México, e ao outro extremo de América Latina, o Ministro de Economia de Argentina, Cavallo. Ambos reximes actuan como "Cabalos de Troya," Argentina, a rebaixar os aranceis aduaneiros no MERCOSUR, a favorecer as exportacións de EEUU a costa de Brasil, e profundando a dependéncia financeira dos bancos de EEUU (mediante a reestructuración da déveda). Os planos de Fox para estender o sistema de maquiladoras de "Povoa a Panamá," estenden a influéncia de EEUU cara o Sul. Estes dous reximes clientes forman parte dunha política en duas etapas: maiores relazóns bilaterais con EEUU (debilitando os lazos con Brasil), como primeira parte, para continuar promovendo o ALCA, na segunda etapa, como a única "alternativa viábel" ao isolamento dos prazas globais, é dicer cara o praza de EEUU. A eséncia mercantilista do ALCA xa tivo críticas do rexime fundamentalista neoliberal en Chile. O tento do rexime de Lagos de ingresar ao NAFTA há chocado contra as medidas proteccionistas da administración Bush -o sistema de cuotas que afecta a importación de uvas chilenas. O que Washington chama "libre comercio" inclue cuotas de importación para os productos agrícolas chilenos a "mudo" do libre acceso aos prazas e aos recursos de Chile.


 Confederación Intersindical Galega www.galizacig.com
ÚLTIMA REVISIÓN: 22/06/2001 |