Actualidade / Artigo Santiago, 4 de maio de 2001 Diñeiro negro: fundamento do crecimento e do império dos Estados Unidos
Segundo distintas investigacións do Congreso dos Estados Unidos, alguns ex banqueiros e peritos bancários internacionais cadran en que os bancos estadounidenses e europeos "lavan" cada ano entre 500.000 millóns e un billón (con "b") de dolares de diñeiro negro, soma da cal a metade corresponde aos bancos estadounidenses. O profesor James Petras realiza tamén unha investigación sobre o tema e acaba de publicar un primeiro avance sobre a mesma que revela o importantísimo papel que xoga o diñeiro negro no sustemento da balanza de pagos dos Estados Unidos e na taxa de benefícios da banca estadounidense. Asi mesmo, Petras conclui que o diñeiro negro saqueado está na base do empobrecemento das ex repúblicas soviéticas, Latinoamérica e Africa. As investigacións do Congreso estadounidense, citadas por Petras, revelaron que Citibank (primeiro banco dos Estados Unidos) proporcionara "servizos" a catro estafadores políticos: Raúl Salinas (por un monto de 80 a 100 millóns de dolares), Asif Ali Zardari (esposo da anterior primeiro ministro de Pakistán: mais de 40 millóns), O Hadj Omar Bongo (ditador de Gabón desde 1967: mais de 130 millóns), Abacha (fillo do xeral Abacha, ex ditador de Nigeria: mais de 110 millóns). En todos os casos Citibank violou todas as suas próprias normas e as directrices do Governo: non existia o perfil do cliente (exame dos seus antecedentes), se descoñecia a fonte dos fondos, se ignorara calquera tipo de delito no país de orixe do diñeiro. Polo contrário, o banco facilitou a saída do diñeiro dos respeitivos paises con amaño a un formato preparado: criou compañas fictícias, facilitou nomes en clave, encamiñou os fondos a través de contas de concentración e investiu-nos logo en negócios lexítimos ou en bonos do Tesouro, etc. En nengun destes casos -nen en mis de outros- se praticaron as dilixéncias debidas por parte dos bancos (con amaño ás cais o banco privado está obrigado por lei a facer o necesário para garantir que non favorece o lavado de diñeiro) e nunca se encausou e xulgou a nengun dos responsábeis bancários. Mesmo despois da detención dos seus clientes, Citibank continuou facilitando-lles servizos, a incluir o movimento de fondos en contas segredas e a provisión de empréstitos. Petras cita ao senador estadounidense Levin, quen resume o asunto asi: "calcula-se que unha soma de entre meio e un billón de dólares, procedinte dos meios da delincuencia internacional, move-se a escala internacional e deposita-se en contas bancárias. A metade desa soma ven a parar aos Estados Unidos." Segundo Petras, na última década, os bancos estadounidenses "lavaron" entre 2.5 e 5 billóns de dólares de diñeiro negro, que pasou a formar parte do circuito financeiro dos Estados Unidos. Non obstante, a afirmación do senador Levin se refere aos fondos de orixe delictiva segundo as leis dos Estados Unidos. Non inclue as transferéncias ilegais e os fluxos de capital aportados por dirixentes políticos corruptos, nen a evasión fiscal que levan a cabo empresas estranxeiras. Un destacado perito norteamericano en matéria de finanzas internacionais, Raymond Baker, colaborador do prestixioso Brookings Institute, estima que "o fluxo de diñeiro corrupto que sai das economias dos paises en desenvolvimento (Terceiro Mundo) ou en transición (ex comunistas) e que vai parar ás arcas ocidentais é de entre 20.000 e 40.000 millóns de dólares por ano, e o fluxo xerado polas transaccións comerciais con prezos manipulados é de 80.000 millóns, se non mais. Pero a estimación mais prudente de Petras é de 100.000 millóns de dólares anuais, na soma de ambos conceitos, o que significa un billón de dólares nunha década. E desta soma a metade alomenos tivo por destino os Estados Unidos. Se incluísemos outros conceitos que forman parte da evasión de capitais a soma final seria moito maior. Este perito do Brookings Institute non inclue as permutas de bens imóbeis e de valores bursátiles, as transferéncias por cabel fraudulentas, etc. Para Petras a cifra incompleta de diñeiro negro (diñeiro lavado de orixe delictiva e corrupta) inxectada nas caixas fortes dos bancos estadounidenses durante a década dos 90 ascenderia a uns 3 a 5.5 billóns de dólares. O cadro é incompleto, pero facilita unha base de estimación do "factor diñeiro negro" na economia dos Estados Unidos. As conclusións de Petras ao respecto son espeluznantes: "en primeiro lugar, resulta evidente que os fluxos somados de diñeiro lavado e diñeiro negro cobren boa parte do déficit da balanza de pagos norteamericana (que atinxe centos de mis de millóns de dólares por ano). Na actualidade, o déficit comercial norteamericano se achega aos 300.000 millóns de dólares. Sen o diñeiro negro, a balanza exterior seria totalmente insostíbel, o nível de vida derrubaria-se , o dólar perderia valor, o capital de investimento e empréstito dispoñíbel contrairia-se e Washington seria incapaz de manter o seu império global." Estima-se tamén que a importáncia do diñeiro lavado continuará medrando. Petras cita a un ex directivo dun banco comercial, Antonio Geraldi, quen prognosticou unha importante medra do lavado de diñeiro por parte dos bancos dos Estados Unidos, na sua intervención ante un subcomité do Congreso. "Segundo as previsions, o monto do diñeiro lavado atinxe billóns de dólares, con unha medra desproporcionado respecto aos fondos legais." Petras sustén que os 500.000 millóns de dólares de orixe ilegal que ingresan nos principais bancos estadounidenses e circulan por eles superan os ingresos netos de todas as compañias de computación dos Estados Unidos, e por suposto os seus benefícios. Esas entradas anuais sobrepasan todas as transferéncias netas realizadas polas principais compañias petrolíferas e militares e as fabricantes de avións. Os maiores bancos de EE UU --Bank of America, J.P. Morgan, Chase Manhattan e en particular Citibank-- obteñen unha alta porcentaxe dos seus benefícios bancários dos servizos emprestados a estas contas de diñeiro suxo de orixe criminal. Os grandes bancos e instituizóns financeiras estadounidenses son o suporte do poderío global dos EE UU, mediante as suas operacións de lavado de diñeiro e de xestión de fondos estranxeiros de orixe ilegal. Os bancos de EE UU e o império do diñeiro negro
Petras desmenuza os complicados sistemas de lavado de diñeiro que utilizan os bancos estadounidenses. Segundo o profesor Petras, os bancos estadounidenses desenvolveron unha sofisticada gama de métodos de transferéncia de fondos ilegais cara os EE UU e para o seu investimento en empresas lexítimas ou en bonos do Tesouro, o que os lexitima. O Congreso dos Estados Unidos celebrou numerosas audiéncias e elaborou detallados informes sobre as práticas ilícitas dos bancos; aprobou leis e ten exixido un mais rigoroso cumplimento das mesmas por parte das autoridades bancárias de supervisión e dos banqueiros privados. Sen embargo, os principais bancos continuan coas suas práticas e as somas de diñeiro negro medran exponencialmente debido a que nen o Estado nen os bancos teñen a vontade nen o interese de pór fin a unhas práticas que proporcionan pingües benefícios e serven de respaldo a un império que de outro modo seria fráxil. Petras conclui que o primeiro que colle destacar do negócio de lavdo de diñeiro, sexa éste de orixe criminal ou corrupto, é que o pratican os mais importantes bancos dos Estados Unidos. En segundo lugar, que as práticos dos seus directivos implicados no lavado de diñeiro contan co respaldo e o estímulo das mais altas esferas dentro das instituizóns bancárias, é dicer, que non é obra de empregados que actuen pola sua conta. Este ponto resulta evidente no caso do lavado por parte do Citibank da fortuna de Raúl Salinas (irmán do ex presidente de México), por un total de 200 millóns de dólares. Tras a detención de Salinas e a descoberta do seu saqueo a grande escala de fondos gubernamentais, o seu banqueiro particular no Citibank, Ami Elliott, manifestou aos seus colegas que "este asunto chega até o mais alto nível do banco; están ao corrente os peixes mais gordos. Nós somos os peóns do asunto". Petras afirma que Citibank é a primeira lavadora de diñeiro: "é o maior banco dos EE UU, con 180.000 empregados en todo o mundo, distribuídos en 100 paises, 700.000 millóns de dólares de depósitos coñecidos e mais de 100.000 millóns de depósitos de particulares en contas segredas; e realiza operacións de banca privada (xestión de carteira de investimento) en mais de 30 paises, o que fai deste banco o que mais presencia global mantén de todos os bancos de EE UU." A investigación de Petras aclara en o que consiste a "banca privada". Se trata dun sector do negócio bancário que xestiona as contas de clientes imensamente ricos (clientes que realizan depósitos dun mínimo dun millón de dólares). As grandes entidades bancárias carregan a estes clientes unha cota pola xestión dos seus activos e por lles facilitar os servizos especializados de banca privada. Estes servizos van mais alá dos servizos bancários habituais e incluen a asesoría de investimentos, a planificación imobiliária, a asisténcia fiscal, as contas off-shore e complicados métodos destinados a garantir a confidencialidade das transaccións financeiras. O atractivo que o sistema de banca privada oferece para o lavado de diñeiro consiste en que proporciona confidencialidade aos seus clientes portadores de diñeiro negro. Segundo Petras, os grandes bancos utilizan dous métodos de lavado de diñeiro: a banca privada e as corresponsalías bancarias. Na banca privada utilizan-se normalmente nomes en clave para as suas contas, contas de concentración (que misturan os fondos bancários cos dos seus clientes, o que evita todo rastro escrito de transferéncias a distáncia por valor de mis de millóns de dólares); camuflan o movimento de fondos dos seus clientes; e oferecen o concurso de corporacións privadas de investimento off-shore, situadas en paises que contan con estritas leis de segredo bancário (Illas Caimán, Bahamas, etc.). As corporacións privadas de investimento son criacións dos grandes bancos destinadas a manter e agachar os activos de alguns dos seus clientes. Os directivos, administradores fiduciarios e accionistas desas corporacións son á sua vez corporacións fictícias controladas polo banqueiro privado. A corporación privada de investimento converte-se en depositária de varias contas bancárias e de investimento cuxa propriedade por parte do banqueiro privado fica enterrada nos rexistros de territórios como as Illas Caimán. Os banqueiros privados das principais instituizóns financeiras manteñen corporacións privadas de investimento preparadas e listas para entrar en funcionamento en canto un cliente lles solicite unha. O sistema funciona á maneira das bonecas rusas: unha corporación fictícia dentro de outra fantasma dentro de outra igualmente inexistente, etc., impenetrábeis a calquera tipo de proceso legal.


 Confederación Intersindical Galega www.galizacig.com
ÚLTIMA REVISIÓN: 04/05/2001 |