Actualidade Santiago, 13 de abril de 2001
Seguen as falcatruadas do alcalde de Dozón contra as/os traballadoras/es do Concello e a delegada sindical
| |  | | O alcalde á saída dos Xulgados de Lalín, nos que non gaña un pleito. | | | O pasado día 20 de febreiro, o ata o de agora alcalde de Dozón, Adolfo Campos Panadeiro, prestou declaración nos xulgados de Lalín por unha demanda penal interposta pola Delegada Sindical da CIG-Administración Pública, Ana Lois Navaza, diante da actitude abusiva do alcalde contra as traballadoras e traballadores do Concello, e nomeadamente, contra a nosa Delegada Sindical. Ese día, unha representación de delegados e delegadas da CIG concentráronse diante dos Xulgados de Lalín en apoio ás demandas da compañeira, pedindo que os tribunais de xustiza poñan no seu sitio a tipos desta caste, e, ao remate da toma de declaración, cando pasaba diante dos concentrados/as, provocou aos mesmos levantando a man co dedo do corazón estendido. Esta actitude provo-cou que os compañeiros rodearan o seu coche, ao que respostou botándollo enriba, nun paso de peóns, a un compañeiro, con risco evidente de causarlle graves danos físicos. Igualmente, este individuo, négase a abrir calquera cauce de negociación, tras reiterados intentos por parte do sindicato, nos que as nosas pretensións non son outras que restaurar a normalizade democrática nas relacións laborais do Concello, ao que o ata o de agora alcalde, resposta con un novo expediente disciplinar contra a compañeira delegada. Na CIG estamos afeitos a estes abusos, mais non imos ceder diante destas coaccións e ameazas e seguiremos loitando na defensa dos dereitos dos/as traballadores e traballadoras.
| |  | | Adolfo Campos, xenuina imaxe do fachendoso cacique galego. | | | Situación actual das reclamacións dos/as traballadores/as, diante das decisións arbitrarias e sancións...
Dentro da particular relación laboral de acoso por parte do titular do Concello de Dozón, quen procedeu á apertura de expedientes disciplinarios, conxuntamente con multitude de cambios arbitrarios nas condicións de traballo, os traballadores/as apelaron aos tribunais en defensa dos seus lexítimos intereses, co seguinte resultado ata estes intres: dictáronse polos tribunais 10 Sentencias, todas elas falladas a favor dos traballadores/as. Son firmes -sen apelación por parte do Concello- 8 delas. As dúas restantes son Senten-cias estimadas nas que o Concello, despois de perdelas, presentou recurso de apelación, perdendo xa unha delas. Ante este panorama cabe facerse varias preguntas... ¿Pódense seguir consentindo as actuacións abusivas dun alcalde que unha e outra vez toma decisións contrarias a dereito, segundo os xuíces, sen que non pase nada? ¿Pode o partido político no que milita, o PP, seguir a consentir tales actuacións sen impedilo e mirando para outro lado? ¿Acaso a CIG non se dirixiu aos responsables do PP para que mediaran diante da situación de represión contra os/as traballadores/as? Lamentablemente o caciquismo segue vivo en Galiza; o de Dozón e un bo exemplo. E temos que recoñecer o ánimo dos/as compañeiros/as deste concello diante de tanta persecución. Trátase da súa dignidade como persoas, dignidade que aflora, no ser humano, cando se é perseguido continuamente. Ceder a chantaxe tamén é humano, pero cando a persecución é tan evidente, ceder é poñer ao perseguido á altura do per-seguidor. Ánimo e adiante. [Texto tirado do boletin da Federación da Administración Pública da comarca da CIG de Vigo]
|