Actualidade Vigo, 16 de febreiro de 2001 Restitución da identidade dun fillo de desaparecidos Martín Castro perdera a súa identidade tras a detención e posterior desaparación dos seus pais polos militares arxentinos
| |  | | Martín Castro (á dereita) e o seu tío Fermín, reencontrados por fin gracias ó desexo deste por recuperar a súa verdadeira identidade. | | | Martín, fillo de Rubén Castro e Beatriz Rocchi, perdera a súa identidade tras a detención e posterior desaparición dos seus pais a mans dos militares arxentinos durante a dictadura militar. Os seus pais adoptivos, Marcos e Hebe, cando o acolleron tan só sabían del que se chamaba Martín e que o pai tiña de apelido Castro. Martín Castro foi atopado polo seu tío Fermín despois de moitos anos, restituíndolle a súa identidade. Biografía de Rubén Castro
Jesús Antón Castro Pérez naceu en Carballiño o 19 de xullo de 1914. Foron os seus pais Preciosa e Antonio. No 1930 como outros xóvenes da súa aldea emigra á Argentina. Alí foise achegando ós centros da colectividade galega e pouco a pouco foi tomando conciencia galeguista. Conformou con outros compatriotas a mítica Sociedade Nacionalista Pondal que agrupaba ós xóvenes máis radicais daqueles tempos. Entre os integrantes atopábanse Moisés Da Presa, Antón Zapata, Ricardo Flores, Manoel Prieto, Vicente Barros, Manuel Oliveira, Lamas Barreiro, Bernaldo Souto, etc. Antón definíase como nacionalista dende o político e dende o ideolóxico comunista. Todo o que lle caía nas mans leíao convertíndose nun autodidacta, na súa xuventude realizara o bacharelato. Cóntanos o seu amigo da Pondal Bernardo Souto: "Antón Castro foi un dos máis xóvenes e brillantes membros da Sociedade Pondal, Era un home con grande cultura e sensibilidade política". Perante a Guerra Civil este grupo nacionalista coordina a súa actividade de solidariedade coa república xunto coa Federación de Sociedades Galegas. Este achegamento vaino relacionando máis de cheo co sector izquierdista da colectividade. Coa chegada dos exiliados a partires do 1939, Antón estreita a súa relación cos intelectuais que fan de Bos Aires o seu centro de operacións na Federación. Alí coñece a Luís Seoane, Arturo Cuadrado, Lorenzo Varela, Blanco Amor e Rafael Dieste. Anos despois entablaría unha profunda amizade co pintor Laxeiro. | |  | | Rubén Castro (1945) foi o primeiro fillo de Jesús Castro Pérez e María do Carmen Fernández Diéguez; logo, tras 11 anos, nacería Fermín (1956). | | | En Bos Aires casou con María do Carmén Fernández Diéguez. Ó pouco tempo naceu o seu primeiro fillo Rubén no Centro Galego, o 12 de decembro do 1945. Anos despois chegaría Fermín, en agosto do 56.Antón era un entusiasta da cultura e dos libros. Sempre tiña proxectos, moitos dos cales tiñan unha grande dose de utopía e moi pouco de rentabilidade económica. Cun exiliado paisano de el, decide por unha distribuidora de libros. O seu socio non sería outro que Mariano Medina del Río, o fundador da famosa editorial EMECÉ, que xunto con Álvaro de las Casas e posteriormente con Arturo Cuadrado impulsaran unha das editoriais máis importantes de América. Antón Castro e Medina fundan FOLIA (Fondo Librero Iberoamericano Argentino) a cal atopabase na rúa Maipú al 900. Antón con moita ilusión logrou conquerir emprestado un capital para pór en marcha esta empresa editorial. A pesares dos esforzos o proxecto cultural non ía adiante. Problemas na sociedade, desencontros económicos entre ambos paisanos, van melando a relación e afectando ó desenrolo da empresa. María do Carmen comeza a enfermar de artrosis. A humidade de Bos Aires repercutíalle na súa doenza, motivo polo cal decide retornar a Galicia cos seus fillos. Antón mentres tanto quedarase na Arxentina intentando resolver os problemas económicos pendentes. Débedas a familiares, liquidación da empresa, etc. É así como unha parte da familia instálase novamente en Galicia. Tanto Rubén como Fermín comezan unha nova vida con novos amigos e novas experiencias. Mentres tanto o tempo transcurría e a separación da parella consúmase. Rubén, ante esta situación, decide acompañar ó seu pai e regresa a Bos Aires. Mentres que María do Carmen e o seu fillo Fermín quédanse a vivir en Monterroso (Lugo). Tanto a saúde de Antón como a de María do Carmen comezan a deteriorarse. Casualidades da vida fan que tanto el como a súa muller finen pola mesma época. Antón en febreiro de 1965 e María do Carmen Fernández meses despois. Fermín, que era un rapaz, quédase a vivir coa súa familia de Monterroso, mentres que Rubén que por aqueles anos era xa un xoven, vive perante unha tempada cos seus tíos para logo independizarse. Rubén estudiou a primaria na escola Presidente Roca, logo fixo a secundaria no Colexio José Manuel Estrada. | |  | | Rubén Castro e Isolina Beatriz Rocchi casaron o 5 de marzo de 1971. | | | A vida de Rubén foi moi dura, sen os seus pais e con Fermín tan lonxe. A pesares diso foise facendo home con certa rabia e con moita melancolía. O traballo regular que realizaba era a venta. Eran anos de loita e de utopías. Os traballadores e estudantes de Córdoba protagonizaran un levantamento popular contra a dictadura do Xeneral Ongania e en Bos Aires a CGT dos Arxentinos liderada por Ongaro, convocaba ós traballadores para resistir contra o poder constituido.Coa súa incorporación á militancia activa Rubén coñece a Isolina Beatriz Rocchi con quen casa no 5 de marzo de 1971. Rubén e Isolina estaban moi preocupados pola situación política. Os militares encabezados por Videla deran o golpe militar e moitos compañeiros ían caíndo en operacións das forzas represivas ou eran secuestrados. Non era doado esconderse e sobrevivir ó acoso militar. A pesares delo confiaban en que tarde ou cedo habería mellores condicións para vivir con maior tranquilidade. Nestas condicións de clandestinidade nacerá Martín, o 9 de febreiro de 1975, nunha clínica privada da zona de Caballito (Capital Federal). O nacimento non será anotado e Martín carecerá por moito tempo de partida de nacimento. Un daqueles días do triste outono porteño, Rubén e Isolina deciden levar a Martín á casa duns compañeiros. Aquela noite cearon en un ambente de amistade e de moita preocupación, non era para menos. De pronto unha tormenta de chuvia e vento fai que o matrimonio resolva deixar ao rapaz a dormir aquela noite para que non collera frío. Aquela noite tráxica do 20 de maio de 1977 o exército tiñalle tendida unha trampa para secuestrar ós compoñentes daquel matrimonio. O exército chegou pola noite e leváronllos como facían sempre maniatados e cos ollos vendados. A nova chegou rápidamente á casa dos seus amigos. Detiveron á "Gorda" e a "bigotes"! A familia non sabía que facer con Martín, eles tamén tiñan fillos da mesma idade e no barrio onde vivían podían comezar a sospeitar. Esta situación fai que se trasladen a Santa Fe e logo a Córdoba. A familia amiga decidiu falar coa organización á que pertencían para darlle unha solución ó problema. Decidindo que o mellor era que Martín por unha tempada fora a vivir con Marcos e con Hebe de Pascuale. Así foi como Martín é protexido por unha nova familia coa idea de que na brevedade se lle destinaría un fogar seguro, ata que os pais puideran aparecer con vida. | |  | | Beatriz Rocchi (desaparecida) e o seu fillo Martín, que nacera o 9 de febreiro de 1975, nunha clínica privada da zona de Caballito (Capital Federal). | | | Ós poucos días o exército realiza un novo operativo militar secuestrando á primeira familia onde fora acollido Martín, os cales coñecían a súa historia e ós seus pais. A partires daquel acontecemento Martín perdeu a súa auténtica identidade e todo vínculo familiar.A nova familia adoptiva sabía que se chamaba Martín, e que o pai tiña de apelido Castro, mais carecían de información sobre as súas oríxes. As difíciles condicións do intre fixeron imposible que Hebe e o seu marido puideran conseguirlle un novo fogar. A familia xa tiña dúas fillas e Martín era un fermoso neno que rápidamente adaptouse ós seus novos pais e ó cariño das súas irmás. Co transcurso dos anos, Martín medrou nun fogar exemplar, onde en todo momento foi informado sobre a desaparición dos seus pais. Durante a dictadura, cando se funda Abos de Plaza de Maio, Hebe fai a primeira denuncia sobre busqueda de identidad. Coa chegada da democracia en 1983 abriuse a posibilidade de atopar a auténtica identidade de Martín. A pesares diso ninguén o buscaba. A familia da súa nai non realizara a correspondente denuncia e o seu tío Fermín en Galicia carecía de información do que pasara. Creían que Martín tamén fora asasinado cos seus pais. Martín foise facendo un home, realizou os seus estudos secundarios e a carreira de Ciencias Políticas na Universidade de Córdoba. Era un xoven feliz pero tiña unha débeda pendente, quería coñecer a súa identidade. Quenes foran os seus pais biolóxicos, saber si tiña familia, etc. Na década dos 90, coa axuda da súa familia adoptiva, que sempre o alentou, comezou a súa búsqueda máis intensa. Por aqueles anos comezaron a recuperarse nenos que foran secuestrados e destinados a familias de militares ou que foran deixados ó coidado de familias que descoñecían a orixen dos nenos. Para os militares os fillos de desaparecidos eran un verdadeiro "botín de guerra". Por aqueles tempos a "Asociación Abuelas de Plaza de Mayo" comeza a realizar unha extraordinaria laboura para recuperar a decenas de nenos, e Martín coa ilusión de reencontrarse a se mesmo acude a esta asociación. Alí funciona un banco de datos e moitos xóvenes comezaron a achergarse para pedir información. A maioría deles adoptados na época da dictadura. Así foi como pouco a pouco despois dunha paciente laboura, as Avoas foron armando moitos rompecabezas e logrando que moitos xóvenes lograran recuperar a súa auténtica identidade. Martín sempre acompañado por Hebe, a súa nai adoptiva, visitou o local das avoas, e contaron o que sabían. A miña nai chamabanlle "la Gorda" ó meu pai "bigotes", etc. | |  | | Rubén Castro, pai de Martín, secuestrado e desaparecido polos militares arxentinos. | | | Así foi como comeza Martín a buscarse. Mentres tanto a moitos kilómetros de Bos Aires, na cidade de Lugo, unha central sindical denominada Confederación Intersindical Galega (CIG) realiza unhas Xornadas sobre Dereitos Humanos, en xullo de 1999. O tema central era denunciar a desapareción de centenares de galegos e os seus descendentes durante a dictadura Arxentina.A CIG estaba a realizar unha intensa laboura de sensibilización ante a sociedade galega con grande impacto xornalístico. Xunto a outras organizacións participaba do xuízo de Madrid como entidade personada. Perante aquela xornada que durou dous días achegáronse a participar destacados activistas dos dereitos humanos e víctimas da represión. Días antes do encontro, Fermín, enteirado das Xornadas, achegouse ás oficiñas da Central Sindical en Lugo para comentar que o seu irmán, a súa cuñada e o seu sobriño estaban desaparecidos. Descoñecendo en que condicións sucedera. Pola noite, cando rematara o primeiro día dunha intensa actividade chea de emotivas intervencións, achegueime a Fermín para que nos conte máis concretamente que información tiña. Que sucedera, cantos anos tiña o seu sobriño, etc. Primeiro di que podía ter catro ou cinco anos, realmente non tiña precisión da idade. O que si estaba certo que o neno estaría asasinado como os seus irmáns e a súa cuñada. Na conversación intentei suxerirlle da posibilidade de que Martín podía estar vivo. Comenteille que na maioría dos casos os militares quedábanse cos nenos. Despois de quedar algúns momentos pensando e en silencio, coa emoción das circunstancias, díxenlle que se se animaba a buscalo que podía contar coa nosa axuda. Que íamos precisar que nos conseguira máis datos e que sería preciso facer un ADN, polas dúbidas que se estiveran buscando. Fermín contaba cunha foto moi mala de Martín de pequeno. Algo era algo díxenme para adentro. Fermín quedara conmovido coa posibilidade de que existiera algún indicio de atopar a seu único familiar directo que lle quedaba. Despois de concluír coas xornadas comezamos a contactarnos casi a diario con Fermín. Envioume a foto do seu sobriño e a do seu irmán. E comezamos unha relación conxunta coa ilusión de atopar algunha pista. O primeiro paso foi atopar a confirmación de que estaban desaparecidos pola dictadura arxentina. Os seus nomes aparecían na base de datos da Asociación de Ex Detidos Desaparecidos. Logo puidemos contactarnos coa única familia que lle quedaba en Bos Aires a curmá de Rubén, coa que mantiña un vínculo regular. Ela confirmounos o secuestro e deunos pistas sobre onde nacera Martín. Con Graciela, a miña compañeira, comezamos a organizar a campaña de búsqueda de datos. A nosa idea era empregar o Internet para conquerir información sobre a militancia dos tres desaparecidos. Comunicámonos con algunhas organizaciónes de dereitos humanos pedindo información e a contestación foi negativa. Non contaban con máis datos dos que tiñamos. Ata que unha tarde despois de consultar o caso co avogado Carlos Eslepoy recomendoume que fixéramos a xestión ante Abuelas de Plaza de Mayo. Así foi como en poucas horas recibimos unha contestación por e-mail e máis información. Comezaron as chamadas telefónicas. Enviamoslles as fotos e os datos que tiñamos. Demoslles o teléfono directo de Fermín e da súa familia en Bos Aires. Mentres que Caludia Carlotto responsabel da Comisión Polo Dereito a Identidade dicíannos que estaban casi seguros de que un xoven de nome Martín era a persoa que nós buscabamos. Aquel día foi grande nerviosismo e emoción. Ó día seguinte as probas e o chequeo de información nos daban a certeza de que era el, Martín que estábamos a buscar. Ós poucos días tío e sobriño tiveron a primeira conversación telefónica. Ós meses Martín foi invitado a pasar unhas vacacións en Galicia e reencontrarse co seu tío e a súa familia. Foi emocionante. Sobriño e tío semellaban irmáns. Os dous xóvenes, con grande semellanza, parecía que viviran toda a vida xuntos. A pesares do reencontro agora habia que comezar a recuperar a auténtica identidade. E o primeiro pasaba por atopar á familia materna e facerse o ADN. A pesares de algunhas dificultades atopáronse ós irmáns da súa nai e se puido facer ADN, o cal deu como resultado o 99,98 %. Despois de todo este tempo, Martín e os seus familiares decidiron dar a coñecer oficialmente a recuperación da súa identidade, co fin de que a súa historia sirva para que outros xóvenes se animen a buscar e recuperar a súa auténtica identidade. Esta tarea foi posible gracias ó desexo de Martín de recuperar a súa identidade, ó traballo da Asociación Abuelas de Plaza de Mayo, de a Comisión polo Dereito a Identidade e a Confederación Intersindical Galega. O papel activo dos pais adoptivos de Martín, Hebe e Marcos, e a ilusión de Fermín Castro de atopar ó seu sobriño. Lois Pérez Leira


 Confederación Intersindical Galega www.galizacig.com
ÚLTIMA REVISIÓN: 16/02/2001 |