Actualidade Vigo, 2 de decembro de 2000 Máis de 700 persoas maniféstanse en Lalín en apoio dos traballadores/as do Concello de Dozón e contra a actitude autoritaria do alcalde
| |  | | Cartel da convocatoria á manifestación. | | | Unha representación de delegados da CIG de todo o país (especialmente das comarcas de Pontevedra, Vigo e Compostela, e da Federación da Administración Pública), veciños da comarca de Lalín, o deputado do BNG Bieito Lobeira, e dous representantes dos empregados do Concello asistiron á mobilización, que reuniu a máis de 700 persoas. A manifestación, que comezou ás 11,30 da mañá, partiu da praza da antiga feira do gando, recorreu varias das rúas máis céntricas da vila do Deza –causando gran expectación entre os veciños– e rematou fronte á Casa do Concello. Perante o recorrido berráronse diversas consignas que facían mención á actitude autoritaria do alcalde e ao apoio que recibe do Partido Popular, en coias filas milita. As consignas coreadas foron: "Non, non ao cacique de Dozón"... "Aquí está, aquí se ve, a democracia do PP"... Ao final do acto, xa baixo unha intensa chuvia, Henrique Outeiral, pola Federación da Administración Pública fixo mención ás 10 sentencias en contra que leva o alcalde de Dozón, Francisco Campos, así como ás continuas actitudes pre-democráticas (que lembran a etapa franquista), lembrou o feito de que Ana Lois, delegada de persoal, fora nunha ocasión pechada no concello e tivera que chamar á Garda Civil e foi sancionada coa perda de emprego e salario por duas veces; ao cadro de persoal fíxoselles a traballar en centros sen calefación, en pleno inverno, rebaoixóuselles o salario a varios empregados ilegalmente, e un longo ecétera de actitudes semellantes, que definen a este alcalde que ignora toda a lexislación en materia laboral e as normas de comportamento cos traballadores. Despois falou o Presidente da CIG facendo mención a que vivimos nunha democracia formal que non real, e que casos como os de Dozón son a expresión máis extrema desta realidade. Dixo que non había democracia cando non se respeta a lexislación laboral, se marxina económicamente a unha gran parte da povoación, son miles os galegos e galegas que de novo teñen que emigrar, moitos paisanos carecen de emprego ou teñen un traballo precario, tórcese a vontade social en todo o que respeta á defensa do idioma e cultura do país, ou se caciquean os procesos electorais. Chamou a continuar coa loita pola democracia, xa cos traballadores son os máximos interesados, pero tamén os autónomos e os pequenos empresarios que están perdendo peso na economía e na sociedade, nun mundo onde cada vez o poder, as capacidades de decisións reais están máis concentradas en poucas mans. Mentres unha delegación entregaba un escrito no concello, o alcalde que é dirixente do PP na comarca non estaba (ausentaríase pola manifestación?), e os concentrados cantaban o himno galego, pra dar por rematado este acto de solidariedade.


 Confederación Intersindical Galega www.galizacig.com
ÚLTIMA REVISIÓN: 02/12/2000 |