Actualidade Volver


Santiago, 25 de outubro de 2000

O Secretariado Confederal da CIG celebrou en Dozón unha reunión contra a persecución sindical
 

CIG-



A Xuntanza do Secretariado Confederal da CIG abordou o martes 24 de outubro a grave situación pola que atravesan as relacións laborais no Concello de Dozón. Os membros do Secretariado Confederal da CIG reuniron-se en dependenzas públicas solicitadas con tal fin no Concello e manifestaron-lle aos traballadores/as o seu apoio.

A xornada rematou cunha rolda de prensa, na que o secretário xeral da CIG, Fernando Acuña, informou dos acordos da xornada, e salientou a plena solidariedade dos organismos confederais da CIG cos traballadores represaliados no Concello de Dozón. Informou tamén da decisión do Secretariado Confederal de convocar unha moblización en Lalin o vindeiro 1 de decembro por este motivo.

Queda pendente unha reunión entre o alcalde de Dozón e o secretário xeral da CIG.
Volver


Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 25/10/2000